A polarización das redes sociais
Cantos de vós escoitastes o importantes que son as redes sociais, o factor multiplicador das súas mensaxes, o “boca a boca con esteroides”? Podería seguir. As bondades deste tipo de plataformas parecen infinitas, de tal maneira que algún usuario que sexa expulsado desta plataforma se pode chegar a sentir “coma un bicho raro” Doutra banda, […]
O que a ferro mata…
A ferro morre Troleada sublime. —- actualización (grazas a David) ás 11:15h —- Aínda que, “a todo hai quen ghaaaaane!”, como din na terra da miña muller!
A forza dos lazos febles
En 1973, o sociólogo estadounidense Mark Granovetter enunciou a súa teoría sobre “a forza dos lazos febles” e, pese a estar constantemente discutida, aínda está vixente. Nos seus estudos sobre redes sociais, Granovetter sinala que unha boa parte do que determina as nosas intereaccións sociais ven dado por aquelas persoas coas que non temos unha […]
Social Media, hora de relativizar
Levo uns días obsesionado con esta cita que lin nun libro que, por certo, se está a converter nunha referencia: Conectados. El sorprendente poder de las redes sociales y cómo afectan nuestras vidas. O libro fai un excelente repaso polos estudos de redes sociais – previos ás plataformas de xestión de redes sociais que coñecemos […]
A teoría dos pequenos mundos – os seis graos de separación – que Facebook demostrou
No mundo hiperconectado actual, falar da escasa distancia que existe entre todos os seres humanos que poblamos a Terra é algo máis ou menos asumido por todos, pero non sempre foi así. Na década de 1930, o escritor Frigyes Karinthy propuxo a idea de que o mundo era un pano e que estabamos todos conectados, asentando […]
As redes sociais reventaron o número de Dunbar. Ou non
O número de Dunbar (150) fai referencia á cantidade de individuos que poden desenvolverse plenamente nunha comunidade. Foi acuñado polo antropólogo Robin Dunbar, e segundo o británico, estaba relacionado co tamaño do neocortex cerebral. En 1992 propuxo este número para grupos observables de humanos, e que parecía asemellarse ao número estimado dun asentamento da era neolítica, […]
“Tibi quoque, twitter mi?”
Ano 2014 (máis ben preto do 2015). Xa pasaron 7 anos dende a aparición de tuíter, e, contra o que poida parecer, seguimos metendo o zoco de maneira profunda por tratar, moitas veces, de arreglar desaguisados que pouco teñen que arreglar. Outras veces a boa vontade vese empañada por unha máis ou menos evidente confusión. […]
Como empregamos os favoritos en Tuíter
Levas en tuíter moito tempo? Posiblemente te decatases do cambio de tendencia no uso da funcionalidade “marcar como favorito” por parte de moita xente. “More than Liking and Bookmarking? Towards Understanding Twitter Favouriting Behaviour” é un paper realizado por tres investigadores (dous xermanos e un inglés) no que realizan unha investigación sobre o uso da […]
Lei Metcalfe, case 40 anos en vigor
En 1976, Robert Metcalfe (coinventor de Ethernet) enunciou a lei que leva o seu nome e que, pese ás reinterpretacións e melloras, segue a ser vixente hoxe en día, máxime coa expansión das plataformas de xestión de redes sociais nas que pasamos unha boa parte do noso tempo. A lei Metcalfe di que o valor […]
Sube o teu klout nunha semana
Si, así, como o oes. Sube o teu índice Klout nunha semana. Varios puntos de subida garantidos! Cómo? Moi sinxelo. CASANDO O día 15 de maio foi o día no que fixen “público” o meu cambio de estado, e o 17, o día propio do casamento. Como vedes na gráfica, non hai mellor forma de […]