Son Doutor en Comunicación pola Univerisidade de Vigo (2016) e profesor na mesma Universidade.
Desenvolvo a miña traxectoria académica e profesional no eido da comunicación en liña, o desenvolvemento de proxectos interactivos e o mundo do marketing dixital.
Imparto materias relacionadas co desenvolvemento web (grao en Comunicación Audiovisual), comunicación dixital e marketing online (grao en Publicidade e Relacións Públicas) e WordPress en varios mestrados universitarios.
Queres saber máis de min? Búscame en Google ou pregúntame o que queiras.