No mundo hiperconectado actual, falar da escasa distancia que existe entre todos os seres humanos que poblamos a Terra é algo máis ou menos asumido por todos, pero non sempre foi así.

Na década de 1930, o escritor Frigyes Karinthy propuxo a idea de que o mundo era un pano e que estabamos todos conectados, asentando o xermolo da “teroría dos seis graos de separación”.

A teoría dos pequenos mundos, ou do mundo pequeno

En 1967, o psicólogo Stanley Milgram publicou na revista “Today” o artigo “The Small-World Problem” (se che dá preguiza lelo en inglés, aquí che queda en castelán) que enuncia literalmente a idea de que o mundo é pequeno, e que todos estamos conectados por non máis de seis graos de separación. Isto é; un granxeiro do interior de ourense podería estar conectado cun agricultor chinés por non máis de seis persoas (seis lazos intermedios). Ese granxeiro pode venderlle o seu produto a un carniceiro, que llo vende a un político local, que coñece ao presidente do goberno español; este á súa vez coñece ao presidente chinés, que é coñecido por un político local cuxo asesor merca produtos ao comerciante ao que o agricultor chinés lle vende produtos.

O que defende Milgram é que dúas persoas calquera do mundo poden ser enlazadas por intermediarios, e que o número de lazos intermedios, ao mesmo tempo, é relativamente pequeno.

Non é unha cuestión baladí, xa que a idea choca frontalmente con outra visión na que hai círculos de persoas con treitos insalvables de coñecidos que non se relacionan co resto.

Os resultados da investigación de Milgran concluían que o número de lazos intermedios oscilaba entre dous e dez, sendo de seis o promedio de graos de separación.

Empregando Facebook para comprobar a teoría

Sen embargo, en 2011, a Universidade de Milán proporcionou a mellor proba ata a data, ao comprobar, a través de 721 millóns de persoas (un 10% da poboación mundial) a teoría do mundo pequeno. Cómo o fixo? A través da base de datos de usuarios máis grande do mundo: Facebook.

As conclusións dos invesigadores foron reveladoras: reproducindo o experimento de Milgram a gran escala, o promedio de graos de separación existentes entre dúas persoas ao azar era de 3,74. Isto é, reducía de seis a catro o número de nexos que nos interconectan con calquera persoa do planeta.

O estudo tamén confirmou que en ámbitos xeográficos máis restrinxidos, o número de enlaces era menor (poderíamos dicir que demostrou a endogamia rexional?)

O mundo, en realidade, é máis pequeno do que pensabamos.