COMUNICACIÓN DIXITAL · IA · UNIVERSIDADE
Xabier Martínez Rolán
Investigo como a intelixencia artificial e as redes sociais transforman a comunicación pública e a universidade.
Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo.

LIÑAS DE TRABALLO
Sobre que investigo e escribo
01
Desinformación e redes
Astroturfing, comunicación política e memes: como se fabrica e circula a opinión nas plataformas.
02
IA xenerativa e comunicación
Nesgos, usos e límites dos modelos de linguaxe na información, na saúde e na vida cotiá.
03
Universidade e educación
Docencia con IA, innovación educativa e formación do profesorado universitario.
LAB IA
Experimentos con intelixencia artificial
Ferramentas e chatbots que creo para a docencia e a investigación, moitas delas con vibecoding e publicadas en aberto.
Verificador Multi-IA
Extensión para Chrome e Firefox que verifica a información seleccionada con varios modelos de IA, con perspectiva de xénero.
Anonimizador
Aplicación para anonimizar documentos de investigación de forma totalmente local, sen enviar datos fóra.
Chatbots docentes
Asistentes alimentados cos materiais da materia para preparar exames e practicar.
INVESTIGACIÓN
Publicacións
Artigos, capítulos e comunicacións sobre desinformación, redes sociais e IA. Lista actualizada desde Google Scholar.
PROXECTOS
Academ-IA
Intelixencias Artificiais en Educación. Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo.
CiDiC_EI
Boas prácticas para unha cidadanía dixital crítica en Educación Infantil.
ESCRITOS
O último no blog
- Un faro que se apaga, unha luz que continúa. Ata sempre, VicenteHai persoas que cando marchan deixan un baleiro. E outras que, ademais, deixan un camiño. Vicente Gómez García era desas. Grazas, Vicente, polas conversas, polos consellos e polo exemplo. O mellor xeito de honrarte será vivir conforme aos valores que defendiches cada día. Descansa en paz, amigo.
- O meu TOP 3 de aplicacións en 2025Clop, Stats e QuitAll: as tres aplicacións para Mac que máis usei en 2025 e que xa considero imprescindibles.
- IA xenerativa na consulta médicaA Xunta quere levar a IA xenerativa ás consultas médicas para reducir a burocracia. Algunhas reflexións a partir da miña colaboración co colectivo sanitario.
ARQUIVO · PROXECTOS REMATADOS
Zona Wifi
Durante anos, Zona Wifi foi o meu espazo de divulgación tecnolóxica en dous formatos. Xa non teñen novas entregas, pero todo o publicado segue dispoñible.
NEWSLETTER · 2021–2024
As novas da Zona Wifi
59 números con novas, ferramentas e lecturas sobre tecnoloxía e comunicación, cada domingo.
PODCAST · 2019–2023
Zona Wifi – Fóra de cobertura
Catro tempadas de conversas sobre tecnoloxía, IA, deseño e universidade, moitas delas con @dorfun e outras persoas convidadas.
Falamos?
Colaboracións, charlas, medios ou titorías.


