Si, así, como o oes. Sube o teu índice Klout nunha semana. Varios puntos de subida garantidos!

Cómo? Moi sinxelo. CASANDO

Evolución do meu índice klout nas últimas semanas
Evolución do meu índice klout nas últimas semanas

O día 15 de maio foi o día no que fixen “público” o meu cambio de estado, e o 17, o día propio do casamento. Como vedes na gráfica, non hai mellor forma de subir o índice Klout que casando… ou ten truco?

Non, non hai truco ningún. Significa iso que a miña comunidade de seguidores en redes sociais foi moi receptiva ao meu evento? Tampouco é así.

Significa, precisamente que a xestión de redes sociais debe centrarse na comunidade.

Porque se eses números tan fríos e distantes que son os índices e as métricas medran ou baixan en función das reaccións que ten para contigo cada un dos membros da túa comunidade. E se tes unha boa comunidad online… é porque tamén é igual de boa a túa comunidade offline.

Cando deixes de ler esta publicación, pensa, por uns segundos, cando foi a última vez que quedaches cuns colegas a tomar algo. Cando quedaches cuns colegas para tomar algo e NON empregaches o móbil durante todo ese período de tempo.

Pensa no último amigo/a que non está en redes sociais.

Pensa en teus pais, túa familia, e cómo te relacionas con eles vía redes sociais (aínda que non o teñas; o non relacionarse tamén é unha forma de relacionarse).

Medroume o klout, si, pero non por ter unha boa comunidade online, nin por ter unha boa xestión da comunicación en redes sociais. Senón porque esas persoas que están na rede, tamén o están na miña vida real (Mundo Real TM, que a rede tamén é real, xa me entendedes). A todos eles (e aos que aínda estades por desvirtuar)

GRAZAS!