O número de Dunbar (150) fai referencia á cantidade de individuos que poden desenvolverse plenamente nunha comunidade. Foi acuñado polo antropólogo Robin Dunbar, e segundo o británico, estaba relacionado co tamaño do neocortex cerebral.
En 1992 propuxo este número para grupos observables de humanos, e que parecía asemellarse ao número estimado dun asentamento da era neolítica, a unha unidade militar da antiga Roma (entre outros)…
Dunbar percibiu que os membros desas comunidades están sempre cerca físicamente, e que os membros que estaban máis dispersos posuían uns lazos máis débiles.
Ergo, a socialización era moi importante. Sinalou á linguaxe como instrumento para socializar facilmente, e na súa teorización apuntou que polo menos un 40% do tempo debía adicarse á socialización.
Cómo nos afectan estas ideas coas redes sociais?
Resulta tremendamente obvio apuntar que as redes sociais son ferramentas estupendas para socializar, ben sexa para estar en contacto con amigos (facebook), debater sobre temas de interese (twitter) ou buscar parella (badoo). Obvia dicir que esta clasificación non é excluínte, nin son comportamentos estanco ;-)
Sen invalidar as teorizacións de Robin Dunbar, compre sinalar que entre as bondades tecnolóxicas está o feito de “aumentar a nosa memoria” e magnificar, se cabe, a cifra “máxica” do sociólogo británico. É habitual que teñamos máis de 200 contactos no móbil (pero tamén é certo que non temos con todos eles unha relación cercana), pero… que sucede coas redes sociais? Facebook demostrou a teoría dos pequenos mundos (esto queda para un futuro artigo no blog), pasará o mesmo con número de Dunbar?
Segundo datos de Facebook de 2012, un usuario promedio ten 130 amigos. O certo é que é unha cifra bastante cercana! Pero tamén é certo que, a menor idade do usuario, maior número de amigos. De feito, se tedes menos de 30 anos, seguro que tedes máis de 200 amigos (déixame un comentario se non é así, e es un “paria do social media” coma min!)
En Twitter, un usuario ten de media 126 seguidores (datos de 2013), pero tamén é certo que a media está terxiversada… xa que o 40% dos usuarios nunca tuitearon nin unha soa vez, mal poden ter un centro de seguidores!
O que sí é certo é que xestionar un timeline de 150 seguidores comeza a ser complicado. A partir de 300 a min fáiseme case imposible seguir a actividade da xente á que sigo, por iso emprego listas en función de intereses
Entón, é vixente ou non o número Dunbar?
Antóllaseme pensar que, ao igual que a linguaxe era un instrumento estupendo para socializar, tamén as plataformas de xestión de redes socais (unha vez coñecida a linguaxe) son instrumentos estupendos para socializar, con maiores posibilidades técnicas, co poder da “palabra escrita” e as vantaxes que a tecnoloxía aporta, pero, volvendo á pregunta…
Pois, como bo galego… “DEPENDE”. Coido que as redes sociais, como magnificadas axendas sociais, permitennos superar con creces esa cifra máxica, mantendo máis relacións, máis frescas e consistentes no tempo, e incluso ampliar o número de relacións, pero tamén é certo que o “círculo cercano” de contactos segue a ser moi reducido… a cántos contactos de facebook chamaches por teléfono non na última semana, senón en todo o mes?
Pois iso. E que conste que, grazas a Facebook, lémbrome de felicitar os cumpreanos.
Con ese criterio marquei o número de following que tería en twitter… e trato de mantelo, aínda que ás veces subo un pouco. Para axustarme, decidín non seguir a empresas, entidades, eventos, etc. e unicamente facelo de persoas (e a ser posible coñecidas fisicamente). Lévase bastante ben e permíteme poder ler todoo que escriben, aínda que pase días sen acceder ao twitter.
Por outra banda, usaba listas para o resto de contas que non quería no meu timeline e que podería consultar de cando en vez. Pero iso só funcionou os primeiros días. As listas aínda existen, pero xa non as miro. Calquera día bórroas.
O que si que borrarei o 31 de decembro será o meu perfil de facebook, como final da dieta de servizos web que estou seguindo este ano e que xa me liberou de last.fm ou foursquare, entre outras. E penso que o 2015 vai ser o ano do abandono progresivo das redes polo resto da cidadanía.
Está moi ben este artigo http://www.newyorker.com/science/maria-konnikova/social-media-affect-math-dunbar-number-friendships que atopei no Error500
Canta razón tes. O das redes sociais, sociais de verdade, non é tan así. É certo que eu manexo as redes dunha empresa, o Centro Superior de Hostelería de Galicia, pero a verdade é que é moi difícil seguir a xente concreta e manter conversas con todos eles, e o que din.
Aparte das redes do CSHG, fago o seguimento en facebook coa miña conta persoal e é un lío porque está vinculada ao meu traballo. Aínda así, si é certo que moitos identifícanme co Centro e saben quen son e agradecen as aportacións que lles fago.
E iso de chamar por teléfono a todos. Esa é unha quimera!
Gracias polas túas