Levas en tuíter moito tempo? Posiblemente te decatases do cambio de tendencia no uso da funcionalidade “marcar como favorito” por parte de moita xente.

More than Liking and Bookmarking? Towards Understanding Twitter Favouriting Behaviour” é un paper realizado por tres investigadores (dous xermanos e un inglés) no que realizan unha investigación sobre o uso da función “marcar como favorito” e os motivos que conlevan a súa utilización, contribuíndo cunha taxonomía de 25 razóns para o uso do botón favorito.

Tamén resulta intersante (pero non entrarei nesta cuestión, debedes ler  o paper) como relacionan os retuits e os favoritos, así como as comparacións con outras redes sociais e funcionalidades semellantes.

25 motivos diferentes para marcar como favorito

Velaquí o esquema taxonómico desenvolto, onde agrupan as 25 categorías (e os resultados das máis de 500 enquisas realizadas)  en torno a tres bloques principais:

Captura de pantalla 2014-09-04 09.40.55Captura de pantalla 2014-09-04 09.41.05

Destacan entre os resultados dous items que, seguramente, todos empregaos algunha vez

E outro item que, aínda que para min no é moi común, seguro que os xornalistas tuiteiros que leades isto sodes obxecto deste tipo de “favoriting”: Marcar como favorito como reacción = o tuit é informacional (como novidoso, relevante…).

Retweeting vs Favouriting

fav_vs_rtO estudo sinala tamén que marcar como favorito ten unha dimensión máis narcisista, como reacción a unha mención (supoño que moitos fixemos isto para rematar unha conversa, non?). Ao mesmo tempo, o paper tamén destaca que o “fav” sinala unha maneira máis privada (ou menos pública) de sinalar aprobación do que o retuít (que implica redinfudir o tuit co que se está de acordo).

Lendo o estudo dá impresión de que cada vez se emprega máis o “fav” como “like”, cando, posiblemente, non se crease esa funcionalidade para ese uso… pero todos sabemos que o design ás veces pouco ten que ver coa user experience…;-)

E ti, como usas o “fav”?