Cantos de vós escoitastes o importantes que son as redes sociais, o factor multiplicador das súas mensaxes, o “boca a boca con esteroides”? Podería seguir. As bondades deste tipo de plataformas parecen infinitas, de tal maneira que algún usuario que sexa expulsado desta plataforma se pode chegar a sentir “coma un bicho raro”
Doutra banda, os máis críticos tamén sinalan as dificultades comunicativas que producen as redes sociais; sobreabundancia de datos que está correlacionada coa desinformación coa que vivimos actualmente.
Non nego as bondades da tecnoloxía, nin das ferramentas sociais, que nos permiten chegar con maior facilidade a públicos que, hai tan so 20 anos, serían inimaxinables. Pero tralas “marabillosas” conexións tamén se esconde un mal dos nosos días que afecta, precisamente, á liberdade de expresión e comunicación.
Porque, ao igual que Sunstein (2002), eu tamén creo que a capacidade de filtrado que nos permite internet supón un perigo para a liberdade de expresión, dado que escollemos a información que queremos, e iso acaba por sesgarnos.
Esa liberdade de expresión e capacidade de filtrado tamén a levamos ás plataformas de xestión de redes sociais, e, ao tempo que formamos a nosa comunidade online, tamén a sesgamos.
Posiblemente (esto é colleita propia) sexa esto o que nos leva, indefectiblemente, á polarización da conversación e a formar parte de multitudes polarizadas.
Christakis & Fowler (2010) xa o sinalaron no seu magnífico libro:
La red social online da la impresión de ser profundamente homófila y estar muy polarizada. esto sugiere que la información política se emplea antes para reforzar opiniones ya existentes que para intercambiar puntos de vista divergentes.
E Barberá & Rivero (2012) tamén o constataron nunha investigación sobre as eleccións xerais en España, onde conclúen, entre outras cuestións, que
“el debate en Twitter resulte más polarizado de lo que sería si la participación de todos los usuarios fuera homogénea”
En 2014, un estudio de Pew Research estableceu arquetipos de comunicación en tuíter, baseándose na polarización da conversa e nos tipos de multitudes polarizadas.
É posible que eu esté sesgando este post porque falo, concretamente, do ámbito político. Pero… ollo! a política non so son eleccións!
Tamén podedes facer a proba e comprobar se os seareiros dun equipo de fútbol teñen entre as súas amizades a seareiros do equipo contrario (en número notable, non serven excepcións).
Á hora de conformar a comunidade que nos rodea nas redes sociais buscamos xente que pense de xeito “alineado” ao noso, alomenos nalgún ámbito concreto no que nos aporte valor, pero, xeralmente, un valor co que nos poidamos sentir “cómodos”.
Convídovos, para rematar, a que repasedes a lista da xente que seguides en tuíter (ou facebook, ou outra rede social), e tratedes de desacreditar estas palabras.
E conclúo cunha reflexión: e se esta polarización é a causa da “espiral do silencio” en redes sociais? Pode ser; pero esto xa quedará para outro día.