Esta semana vai un boletín pequerrecho, con algunhas cousas insteresantes que vin esta semana. Esta web https://www.converttobananas.com permite converter calquera medida en plátanos. A ver, é unha clara coña (cun deseño moi coidado), pero tampouco está moi lonxe a cando os medios de comunicación miden as alturas en “torres Eiffel”, as áreas en “campos de fútbol” ou as distancias en “calles de Madrid”.