O libro fai un excelente repaso polos estudos de redes sociais – previos ás plataformas de xestión de redes sociais que coñecemos – e deixa algunhas reflexións profundas, como a que segue:
En cierto sentido, vivimos en un mundo nuevo. Nuestras redes sociales crecen en tamaño y velocidad con cada tecla del ordenador que pulsamos para conectarnos por SMS, correo electrónico, Twitter, Facebook o Myspace con las personas que conocemos (e incluso con las que no conocemos). Y este nuevo mundo nos proporciona una vista de pájaro de las redes sociales en que vivimos, haciéndonos más conscientes que nunca de la importancia de estar conectados. Pero también da la sensación de que estas redes no son una invención nueva. Hemos vivido con ellas durante millones de años. Nuestros antepasados nos prepararon para vivir dentro de ellas. Las llevamos bajo la piel. Y antes de ponernos a pensar hacia dónde vamos, sería útil detenernos un instante y reflexionar acerca de dónde venimos
— Christakis, N. A., & Fowler, J. (2010:220) Conectados. Madrid. Taurus
Como me comentaban por facebook, MySpace parece que é prehistoria, cando foi hai catro días. E non lle falta razón. Tendemos a fixarnos no continente e non tanto no contido, na utilidade ou nas funcionalidades que empregamos (mellor dito, cómo as empregamos).
Porque redes sociais hóuboas sempre; non son ningunha novidade, respondendo a unha necesidade primeira e última do ser humano; comunicarse.
Tamén vivir en sociedade. Somos seres sociais, precisamos interactuar (en maior ou menor medida) con outros coma nós, ben sexa familia (lazos fortes), ben sexan compañeiros cos que compartimos afeccións, estudos ou intereses (lazos débiles).
E, poucos anos despois do nacemento de Internet, xorden plataformas de xestión de redes sociais que nos axudan a estar máis conectados… ou a manter as distancias a raia.
Sexa como sexa, para os que nacemos no mundo analóxico a diferenza sempre será evidente, máis importante do que a chegada da luz eléctrica para os nosos pais / avós, do que a chegada do teléfono ou televisión privada para a miña xeración.
Pero que acontece cos que naceron xa envoltos destas plataformas? Son máis aptos cós inmigrantes dixitais? Non o son porque carecen da bagaxe analóxica previa?
Difícil cuestión – ás veces ata resulta absurda – sobre o emprego das tecnoloxías.
Quen sabe! Igual en 2020 xa non empregamos o facebook, nin whatsapp (as ferramentas de mensaxería instantánea que están a comer o mercado das redes sociais)… pero seguirémonos comunicando. Non deberíamos poñer o foco nas ferramentas actuais, senón na evolución do que levamos empregado para comunicarnos xa non so nos últimos séculos, senón nos últimos cen anos.
Igual así poderíamos entender que o que vivimos no universo social media non é máis cá unha réplica dixital do que vivimos no analóxico. Moitas veces concordo co termo que tanto lle escoito a
Daniel Martí: PALEOLÍTICO DIXITAL.
De ti depende facerlle caso a esta reflexión; de ti, da túa tecnofilia, ou da túa tecnofobia. Eu, como se adoita dicir nestes casos, “teño días”.