En 1973, o sociólogo estadounidense Mark Granovetter enunciou a súa teoría sobre “a forza dos lazos febles” e, pese a estar constantemente discutida, aínda está vixente.

Nos seus estudos sobre redes sociais, Granovetter sinala que unha boa parte do que determina as nosas intereaccións sociais ven dado por aquelas persoas coas que non temos unha vinculación forte (entendendo por tal a familia e amigos cercanos). A publicación estrela que pon de manifesto esta teoría é “the strenght of weak ties” (a ligazón apunta a súa tradución en castelán).

300px-Weak-strong-ties.svgDita teoría, ao meu parecer, non lle resta méritos ou credibilidades a todos os traballos previos (e posiblemente futuros) que se centran nas redes sociais e relacións sociais dos vínculos fortes, senón que fai fincapé nas relacións menos fortalecidas ou ligadas por menor número de intereses en común.

Así, lazos febles son os compañeiros de facultade, os veciños, os compañeiros de traballo… unha rede social tecida en diferentes ámbitos da nosa vida que están aí, subxacendo á familia e amigos cercanos, formando parte da nosa vida e, aparentemente, aportando pouco valor á nosa condición social. Aparentemente.

Los lazos fuertes pueden unir a individuos dentro de los grupos, pero los débiles unen a los grupos con el resto de la sociedad y son determinantes para la difusión de información de los beneficios de, por ejemplo, encontrar un buen profesor de piano, localizar información de valor en otros inventos y muchas cosas más. Christakis, N. A., & Fowler, J. H. (2010:169)

Christakis e Fowler son dous médicos que investigan sobre redes sociais. Tan fascinados (coma min) coa teoría dos lazos febles, apuntan a algúns beneficios deses vínculos ou ligazóns menos fortes.

E, se o paras a pensar… a través de quen conseguiches o teu último posto de traballo? e cómo cocñeciches á túa última parella? (hai interesantes estudos ao respecto, deberías ler o libro que acabo de citar)

Pensa agora nas redes sociais nas que tes presenza; seguro que en Facebook predominan as relacións baseadas en vínculos fortes, polo propio caracter da rede (penetración de dita plataforma, posibilidade de marcar contactos como familiares…) mentres que noutras redes, como Twitter, a predominancia dos contactos está nos vínculos débiles… o paradigma, neste caso, son as redes sociais profesionais, onde a meirande parte dos contactos están aí facendo fincapé, inconscientemente, nos lazos febles…

Os lazos febles son unha estupenda fonte de nova información, e, se mo permitides, unha adaptación científica do que sempre coñecimos como “estar no lugar adecuado, no momento adecuado”.