Ano 2014 (máis ben preto do 2015). Xa pasaron 7 anos dende a aparición de tuíter, e, contra o que poida parecer, seguimos metendo o zoco de maneira profunda por tratar, moitas veces, de arreglar desaguisados que pouco teñen que arreglar. Outras veces a boa vontade vese empañada por unha máis ou menos evidente confusión. En todo caso, pensar dúas veces o que vas a escribir podería reducir nun 90% as meteduras de pata…
Velaquí algúns exemplos (dos moitos) que existen e clasifiquei, a modo irónico, en catro paus da baralla (que poderían ser máis)
1.- Botando balóns fóra
A técnica de botar balóns fóra consiste en utilizar excusas que poidan parecer verosímiles. O problema é que, nos novos medios, cando lle botas a culpa ao can por terche comido os deberes, o “can” tamén ten tuíter e pode deixarte en evidencia, como ocorreu hai uns días coa conta de @PPCmasnou.
E par que non digades que sempre falo do mesmo pau, outro “botar balóns fóra” dende a outra cor política
Dicir que “nos han hackeado la cuenta” é un recurso tan manido que obriga a empregar excusas máis elaboradas, como a de Hootsuite (entre outras)
2.- Ataca, ataca, ataca. Nunca retrocedas; dá media volta e segue avanzando
Posiblemente sexa esta a técnica máis empregada en política. Nunca te desdigas; como moito, indica que se malinterpretaron as túas palabras. Temos grandes exemplos, pero, sen dúbida, para min o máis significativo é o de @SigfridSoria
Non teño nada que engadir sobre esta parte. Twitter está cheo de resentimento e bravuconería valente diante dun ordenador. É extremadamente sinxelo ser un bocachancla dixital cando tes máis ou menos destreza co polgar ou co teclado.
3.- Chamando ao “Efecto Streisand” a berros.
Nun entorno online onde a copia é exactamente igual ao orixinal (vantaxes da informática), chamar a unha acción pode producir o efecto contrario. Senón que llo pregunten a Barbara Streisand, grazas a quen se acuñou este concepto, e que nas eleccións de 2011 repetiu o noso actual presidente do goberno.
Todo comezou pedindo un cambio de imaxe de perfil a varios usuarios… e podedes ver os efectos multiplicadores que tivo aquí.
4.- A ignorancia e o seu atrevemento
Posiblemente sexa esta a miña favorita; sirva de exemplo o tuit co que me despertei esta mañá.
O feito de empregares “con todos los respetos” non te exime da ignorancia, cualidade humana que potencia o atrevemento e favorece, en moitos máis casos, a estulticia.
Seguro que coñeces outros moitos exemplos, ou incluso é posible que, se me segues en tuíter, nalgún momento vises como metín a pata (a vantaxe é que eu non son un personaxe público ;) . Aínda así, convídote a que deixes un comentario cunha metedura de zoca importante en twitter.