Podcast

“Zona Wifi” naceu como unha colaboración con Alberto García no programa “Voces de Compostela”, en Radiovoz. Ben, en realidade o xermolo foi un programa piloto para Radiovoz en 2006 que nunca chegou a ver a luz. Ao remate desa colaboración quixen seguir ao meu ritmo (que, como escoitades, non é moi regular…) collendo o formato anterior e dándolle unha voltiña: así naceu “Zona Wifi: fóra de cobertura”

Velaquí van todos os episodios (actualización automática vía RSS).

    • Zona Wifi - Fóra de Cobertura (2020 Feb. Vol 1)

      Neste episodio de Zona Wifi Fóra de Cobertura falo das que - considero - son as mellores series de televisión que vin en 2019. Agrupeinas en varias categorías: "grandes fracasos", "para que deixalas", "animación", "moi boas sensacións", "series que finalizan" e o meu top de series (8). Deixádeme nun comentario aquelas que me recomendaríades!

    • Zona Wifi - Fóra de Cobertura (2019 Nov. Vol 2)

      Este episodio de Zona Wifi é unha pequena introdución ao mundo das VPN. Por que son necesarias, que vantaxes teñen, algúns dos inconvenientes e, sobre todo, como iniciarnos! Hai opcións gratuítas para comezar, moi moi sinxelas, e outras de pago que, dende o meu punto de vista, acaban sendo máis recomendables.

    • Zona Wifi - Fóra de Cobertura (2019 Nov. Vol 1)

      Benvidos e benvidas a este primeiro episodio de Zona Wifi - Fóra de Cobertura, onde falo da miña experiencia como relator nas Jornadas Ibéricas sobre “Cultura, Património e Turismo na Sociedade Digital”, que tiveron lugar na Universidade da Beira Interior (Covilhã). En xeral, sobre a miña incursión académica no Turismo.

    • Coloquio "O universo Social Media"

      Aquí vai o coloquio "O universo Social Media" que tivo lugar no marco do XXV aniversario da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, o pasado mércores 9 de outubro. Con Arancha Vilas, Adrián Aira e Lorena Penas, que puxeron calor e sensatez a esta tertulia.

    • #zonawifi 03/07/2018 Despedida

      Toca despedida de temporada da #zonawifi. O derradeiro capítulo deste espazo de novas dixitais, onde repasamos algunhas novas de actualidade, consellos sobre praia, calor e tecnoloxía... E, para rematar, desvelamos a conexión que temos Alberto González e máis eu :-)

    • Zona Wifi 18/05/16 TrueCaller, e esquécete do spam telefónico

      No episodio de #zonawifi desta semana falamos dunha aplicación que moitas persoas deberían considerar se sufren de spam telefónico: Truecaller. Con esta app esqueceráste das chamadas de número extraños que tentan venderche algo, ou mensaxes publicitarios de moitas empresas. Ah, e tamén falamos doutras novidades da semana :)

    • Zona Wifi 18/05/09 Google I/0

      Esta semana ven cargadiñas de novidades sobre Google na #ZonaWifi. Recollemos algunhas das iniciativas en materia de intelixencia artificial que está a presentar Google ou no novo Android P, e outras novas tecnolóxicas coma o sistema de visión térmica de Volkswagen ou o novo centro para loitar contra as Fake News que Facebook anunciou que abrirá en Barcelona

    • Zona Wifi 18/05/02 Novidades en Facebook e outras novas de actualidade

      No episodio de #ZonaWifi desta semana falamos das novidades que está a introducir Facebook, como a posibilidade de ver as fotografías nas que saes aínda que non estés etiquetado, ou a introducción de xeito paulatino do botón que permite votar negativo os comentarios. Pero, sen dúbida, o trebello da semana é a moto de Xiaomi. Ogallá chegue a Europa!!!

    • Zona Wifi 18/04/18 Día das #RedesGalegas e outras novas de actualidade

      Esta semana na #ZonaWifi falamos do día das #RedesGalegas, actividade de exaltación do galego nas redes e das persoas que xestionan redes sociais, na Universidade de Vigo. Tamén falamos doutras novas semanais do sector, pero quédome coa nova de peche da sección: teremos unha Sega Mega Drive mini. Poderemos volver a xogar co noso ourizo cacheiro favorito: Sonic

    • Zona Wifi 18/04/11 Novas de actualidade semanal

      Esta semana na Zona Wifi falamos da empresa Cellebrite que é capaz de desbloquear os teléfonos de Apple. Tamén falamos da comparecencia do CEO de Facebook no senado estadounidense e outras novas de actualidade semanal coma a aplicación fotográfica que nos permite saber se o xamón está bo ou non

    • Zona Wifi 18/04/04 April Fools Day e outras novas da semana

      No episodio desta semana de Zona Wifi falamos das bromas que gastaron as compañías tecnolóxicas (e non tan tecnolóxicas) co gallo do April Fools Day o pasado 1 de abril. Tamén tratamos outros asuntos como descargar as nosas fotografías de Facebook e repasamos a tecnoloxía que veremos no mundial de fútbol en Rusia este verán.

    • Zona Wifi 18/03/28 O primeiro accidente dun coche autónomo

      No episodio desta semana de Zona Wifi falamos das novidades presentadas por Apple para a Educación (apps, espazo na nube e trebellos un chisco máis económicos / menos caros) e do primeiro accidente dun coche autónomo. Este punto levounos a falar do software que integran estes vehículos, da aprendizaxe automática e de cómo ten que escoller un piloto automático ante o hipotético (e improbable) caso de que teña que atrolepar a alguén. Un debate moi interesante!

    • Zona Wifi 18/03/21 Cambridge Analytica e outras novidades semanais

      Esta semana na "Zona Wifi" de Voces de Compostela tratamos un tema moi interesante: o uso de datos de facebook (con 50 millóns de perfís) para tratar de microsegmentar mensaxes personalizadas. Un tema serio e importante. Pero como son imos a estar todo o día con cousas graves, tamén tratamos outras cuestións máis licianas... coma o que ocorre en internet nun minuto (60 segundos). Sabías que nese tempo publicamos 29 millóns de mensaxes por WhatsApp? Incrible!

    • Zona Wifi 18/03/14 Repaso ao Mobile World Congress con Iago Varela, editor de Mallandroid

      Esta semana tivemos unha visita moi especial na "Zona Wifi", o editor de Mallando no Android, Iago Varela. Con el fixemos un repaso e reflexión sobre o que nos deixou a edición 2018 do Mobile World Congress en Barcelona, e debatemos (sen cambiar de postura) sobre cal é o mellor sistema operativo para móbiles: Android ou iOs?

    • Zona Wifi 18/03/07 Google Trends e outras apps moi 'molonas'

      No episodio desta semana de Zona Wifi falamos de Google Trends e outras apps moi "molonas", como son "picture this", que nos permite identificar unha planta se lle tiramos unha fotografía (entre unha base de datos de máis de 4000 plantas) e un experimento de Google chamado "song maker" para crearmos de forma sinxela "loops" de son, permitíndonos ser creadores de música por un día

    • Zona Wifi 18/02/28 Mobile World Congres 2018

      No episodio de Zona Wifi desta semana falamos das curiosidades e trebellos que se presentaron no Mobile World Congress de Barcelona. Os "flagships" das grandes marcas, e os trebellos máis curiosos, como por exemplo un candado para bicicletas ou un trebello que che axuda... a adelgazar!

    • Zona Wifi 18/02/21 Novas de actualidade semanal

      Esta semana, na #ZonaWifi de Voces de Compostela falamos do polémico botón de google imaxes que desapareceu. Sabes de cal falamos? Tamén falamos do uso compulsivo de internet, que se suma por primeira vez á "Estrategia Nacional de Adicciones", e demos algunhas pinceladas do último informe de Telefónica "La Sociedad Digital en España" (SDIE)

    • Zona Wifi 18/02/07 Obsolesciencia Programada

      No programa de Zona Wifi de hoxe falamos dun mal tecnolóxico dos nosos días imposto polas compañías tecnolóxicas, a obsolescencia programada. Tamén falamos da (temporal) desaparición de Telegram da App Store e do tempo que botamos ao longo da nosa vida actualizando redes sociais: algo máis de cinco anos!

    • Zona Wifi 18/01/24 Celebramos o Día do Community Manager

      Nesta edición de Zona Wifi celebramos o día do Community Manager ou xestor de comunidades e redes virtuais. O día celébrase o 4º luns de xaneiro, pero nós facémonos eco hoxe deste día. Tamén falamos das novidades tecnolóxicas da semana, coma o lanzamento de WhatsApp Business, ou edición empresarial desta aplicación de mensaxería (so para android, de momento) E, para pechar, falamos dunha aplicación moi interesante para dictar textos, tamén en galego, dispoñible en https://dictation.io/speech

    • Zona Wifi 18/01/18 Novas de actualidade semanal

      Hoxe falamos de como foi o CES2018, da alarma de misil nas illas Hawai, da cantidade de datos que se consumen de porno en todo o mundo, dunha app de Google que busca o teu selfie entre a base de datos de retratos de museos... e de música, da música que se escoitaba o día que naciches!

    • Zona Wifi 18/01/10 Arrinca en Las Vegas o CES2018

      Nesta edición de Zona Wifi falamos dos trebellos que se presentan en Las Vegas no maior evento tecnolóxico do ano, o CES 2018. Tamén falamos das vulnerabilidades que afectan aos microprocesadores: Spectre e Meltdow Rematamos a sección recomendando algunhas apps para móbiles e comezar o ano con bo pé!

    • Zona Wifi 18/01/03 Regalos tecnolóxicos para reis

      No capítulo de hoxe propoñemos algúns regalos tecnolóxicos para pedirlle aos reis magos! Tecnoloxía de levar posta! - Reloxo intelixente - Pulseira intelixente - Mochila con cargador USB - Libro electrónico - SuperNintendo Classic Tecnoloxía para mellorar outros electrodomésticos ou a propia casa - ChromeCast - Nest - Enchufe intelixente - PLC para ampliar a cobertura de internet en casas grandes

    • Por que importa a neutralidade da rede, e “o máis de 2017”

      EE UU pone fin a la neutralidad en la Red impulsada por Obama De "HBO" al "iPhone 8": lo que más hemos buscado los españoles en Google en 2017 Las mejores aplicaciones para Windows del 2017 Esto es lo más escuchado en Spotify en 2017 (y no, no es “Despacito”) Los mejores memes de 2017 Esto ha sido lo más visto y comentado en Facebook durante 2017 Instagram’s 2017 Year in Review

    • Zona Wifi 17/12/13 Novas de actualidade semanal

      As apps de Android máis descargadas en España A guerra polo emoticono da hamburguesa entre Google e Apple. Cal é primeira e a segunda rede social máis empregada en cada país do mundo? E a segunda? Twitter lanza la función para escribir e publicar fíos Facebook cede e deixará de facturar desde Irlanda os seus ingresos publicitarios

    • Zona Wifi 17/11/29 Apps contra as violencias machistas

      A resaca do Cybermonday Apps contra as violencias machistas -Pormí -Libres -Ygualex -Trusted Circles -Pillada por ti Actualidade semanal: -Donald Trump podería prohibir os teléfonos móbiles na Casa Branca -Un ex-ingeniero de Facebook ha creado una versión de la Wikipedia en la Dark Web

    • Zona Wifi 17/11/22 Black Friday

      Orixe do Black Friday O Black Friday tecnolóxico: Cyber Monday Por qué chega a España? Amazon (entre outros) Outros días similares: Día de los Solteros (11/11) Black Friday tamén nas tecnolóxicas Webs e extensións para que non nos enganen: Camel Camel Camel Outros consellos: compara, modo incógnito, reacondicionados, Ollo Internet, Ollo compras impulsivas

    • Zona Wifi 17/11/15 Bicis... eléctricas! e as novidades de Firefox Quantum

      Velaquí o programa de hoxe, que versou sobre unha tecnoloxía de transporte moi limpa, as bicicletas eléctricas. Como moitos de vós xa sabedes, teño unha que emprego a miúdo; de feito, xa fixen 1000km a cabalo dela, así que teño certa experiencia para compartir convosco. Tamén falamos do novo Firefox Quantum, que mellorou moito co seu recente lanzamento

    • Zona Wifi 17/11/08 Twitter e os 280 caracteres. Xeolicalización nos teléfonos móbiles

      Twitter e os 280 caracteres. Argumentos a favor e en contra. Xeolicalización nos teléfonos móbiles. Apps que te localizan en todo momento. Como funciona a xeolocalización? En frío e en quente Como compartir a ubicación con whatsapp Ollo coas estafas! O emoji máis empregado do mundo

    • La Ventana (30/10/20017) - El poder de las redes sociales en las agencias de inteligencia en la política mundial

      XABIER ROLÁN, PROFESOR DE COMUNICACIÓN DIGITAL DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO. El poder de las redes sociales en las agencias de inteligencia en la política mundial. Fake news, astroturfing y otras cuestiones relacionadas con la intoxicación informativa. Con Carles Francino, Michael Robinson e Isaías Lafuente

    • Zona Wifi 17/10/25 Navegadores de internet e outras novas de actualidade tecnolóxica

      Zona Wifi 17/10/25 Navegadores de internet e outras novas de actualidade tecnolóxica 1.- Porcentaxe de uso a nivel mundial e español 2.- Motores. Hai tres tipos que de motores de navegador que se reparten o mercado: Webkit, Gecko e Trident 3.- Análise dos principais navegadores web 4.- Noticias actualidade semanal Xiaomi aterriza finalmente en España bit.ly/2yHqAao El mítico PC Fútbol regresa como juego para móviles bit.ly/2gFyom7 Rumores da volta da Game Boy Classic bit.ly/2y3G754

    • Zona Wifi 17/10/18 Software Libre

      Que é o software libre Diferencia entre software libre e software gratuíto Exemplos e alternativas en software libre Software libre no teléfono móbil? Si pero non… Software libre en Santiago Compostela Agasol www.agasol.gal/ Un evento para HOXE: LibreCon 2017 librecon.io/gl/

    • Zona Wifi 17/10/11 Fake News. Pautas para escoller un smartphone

      Fake News e a post-verdade ¿Por qué muchas noticias falsas se vuelven virales? Hay tres factores: -la enorme cantidad de información que tenemos a nuestra disposición -el poco tiempo y atención que le dedicamos -la estructura de las redes sociales Pautas para escoller un teléfono móbil - Prezo… e garantía - Batería (miliamperios) - Tamaño de pantalla e tipo de pantalla - Sistema operativo - Sensación en man! - Camara (non importan tanto os megapixels) - Memoria Ram (minimo 2gb)

    • Zona Wifi 17/10/04 Deep Web, Dark Web e outras novas de actualidade tecnolóxica

      Conceptos a tratar: Dark web vs Deep Web Para acceder á Deep Web: Tor Browser Pistoletazo de saída The Hidden Wiki Spotify crea unha “cápsula do tiempo”, nova lista de canciónss personalizada, dispoñible en timecapsule.spotify.com Cómo configurar un smartphone para que un neno poida usalo sen riscos (bit.ly/2wsitKJ e bit.ly/2wsiIW9 )

    • Zona Wifi 17/09/27 Twitter e comunicación política. Vulnerabilidades no bluetooth

      “Lazos invisibles de la comunicación política. Comunidades de partidos políticos en Twitter en unas elecciones municipales” -Tipos de redes que conforman os partidos políticos BlueBorne, fallo de seguridade en bluetooth -> instalar esta app para saber si estás afectado o hay alguien afectado play.google.com/store/apps/detail…lueborne_detector

    • Zona Wifi 17/09/20 Redes sociais. Como nacen? Anécdotas, tipoloxía e curiosidades

      Zona Wifi 17/09/20 Redes sociais. Como nacen? Anécdotas, tipoloxía e curiosidades Problema das pontes de konigsberg. Euler, 1736 Experimento dos pequenos mundos - Teoría dos seis graos de separación - Milgram, 1967 (experimento “estamos todos conectados ou vivimos en pequenas burbullas) Facebook replica o experimento en 2011, 3,74 graos Tipos de redes sociais xeneralistas (facebook, twitter) sectoriais: Profesionais (linkedin) Basadas en xeolocalización (tripadvisor) Baseadas en aficións (nudoss, sobre cruceiros, startup que nace no proxecto Galicia Open Future no Gaiás, redciclista para bicicletistas, Baseadas en relacións sentimentais (ou na súa procura): Tinder, Meetic, eDarling, Badoo E… algunhas das redes sociais máis curiosas - Catmoji suele ser definido como el Pinterest de los gatos - Doggy Talky es una aplicación social dirigida a los amantes de los perros. - Vivino es la comunidad más grande del mundo para los que disfrutan de esta bebida - Hater, app para atopar a persoas que odian o mesmo ca ti (baseada no éxito de tinder)

    • Zona Wifi 17/09/13. Seguridade nos dispositivos tecnolóxicos

      Todos os mércores ás 11h en Voces de Compostela. O contido do programa de hoxe é Que é o ramsomware. como evitalo Consellos para mellorar a seguridade E nos trebellos móbiles? Conceptos interesantes Outras medidas de seguridade Webs interesantes (para finalizar) tecnologiaseguridadinformática