Falemos de Tinder. Pero non so de Tinder, senón de algo máis grande.
Nunha cidade xaponesa prégase aos seus habitantes voltar ás cartas manuscritas como método para buscar parella no canto de empregar Tinder. Unha proposta interesante, pero que convén comprender no contexto actual de dinámicas de comunicación dixital e a realidade do país nipón, cunha crise de natalidade tremenda onde ata os poderes públicos son conscientes da gravidade do problema no futuro. Algo semellante ao que pode pasar na nosa terra, eh! Pero en Xapón súmase a dificultade para emparellarse (por favor, que ninguén pense en chistes sobre vascos).
E falando de Tinder, esta semana no podcast de El País escoitei varios testemuños de persoas que foron expulsadas de plataformas dixitais, entre elas Tinder. Entre as cuestións que trataban, estaba o prexuizo dos usuarios que se ven expulsados dunha plataforma e dos contidos que hai nelas.
A verdade, nunca pensara en que pasaría se te botan dunha plataforma na que estás a comezando a intimar con alguén, truncan a comunicación e non podes volver a contactar con esa persoa. Si, son consciente da banalidade desta cuestión, do heteropatriarcado e rancio do concepto do que estou a falar, pero podemos poñer máis exemplos.
E se botan dunha plataforma social na que, no canto de buscar parella, buscas traballo? E se estás no medio dun proceso selectivo e quedas fóra dun traballo que necesitas/che interesa?
E se te botan fóra dunha plataforma na que está o 99% da poboación, a través da que se comunican TODOS os teus contactos cercanos? Porque, admitámolo, estarmos fóra de Whatsapp, por exemplo, pode ser un transtorno case para calquera cidadán nunha sociedade hiperdixital, hiperconectada e instantánea.
Pero analicemos a cuestión dende un punto de vista normativo: que pasa con todos os datos que estaban nesa plataforma á que xa non podes acceder? Porque segues a ter dereito de acceso a eses datos, pese a que o “dereito de admisión” desa plataforma che fose revocado. ¿Pode a Axencia Española de Protección de Datos estar por riba de Facebook?
E o que é menos importante: podería reclamar antre a AEPD o meu dereito a recuperar a miña conta orixinal de instagram?
En resumo, e volvendo ao asunto deste boletín, son as súas regras, e os bots de atención ao cliente foden nelas cando queren.
En curto, outros temas da semana
FORMACIÓN. Un interesante curso de balde sobre SCRUM. E outro sobre python que igual che pode ser de interese. E se estás no mundo da formación (estudante ou formador), Podes empregar Copilot de xeito gratuíto.
Aprende lingua de signos.
Manuais do meu amado Excel. Tamén de balde.
E mapas da UE tamén de balde. Eu teño algún… en portugués, porque no seu momento esgotáranse en castelán.
GOOGLE NEWS volve a España. Parece que #lodinerito xa non é un problema e dende esta semana xa se pode empregar este servizo de novas.
DELICTOS DIXITAIS. Compartir un vídeo sexual é delito. A propósito do de Santi Millán, un amigable lembrete que explican moi ben el El País
PODCAST. Podías escoitar o podcast da Zona Wifi: fóra de cobertura. Debías escoitar as colaboracións con Amador Loureiro e, sobre todo, o último capítulo, con Oswaldo García Crespo, porque ademais de interesante, ten un sorteo dun Google Stadia.
Apoia o que fago
É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.
Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.
E se che sobran os cartos, aquí a miña conta de paypal. Todo o que entra é para trebellos ou software, prometido!
E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.