Esta semana participei de forma virtual nun tribunal de tese. A experiencia (felicidades á nova doutora, vaia por diante) foi bastante insatisfactoria, e non so polos cortes, senón pola relación cos colegas do tribunal.

Sobre o que quería reflexionar é sobre que cousas mudaron e cales non nesta sociedade postpandémica. Serían os “happy twenties” unha sociedade postpandémica? Quedarán cousas do ano 2020 no noso presente?

Teletraballo e e hábitos de consumo son, para min, as dúas claves desta sociedade que estamos a crear. Son evidentes as tensión nas empresa sobre o teletraballo, onde as grandes tecnolóxicas están liderando a batalla polo dereito a que o día sexa máis produtivo. Precisamente esta enquisa feita por Manfred en España resultou moi reveladora, sobre todo por este dato:

“85% dos partiicpantes priorizan a flexibilidade horaria, e o 83% priorizan a opción do traballo 100% remoto”.

Si, é una contorna tecnolóxica, e non todos os postos de traballo poden facerse en remoto, pero vexo outros postos de traballo que si o poden facer, e non hai grandes movementos ao respecto. Por exemplo, a función pública. Funcionou nos anos anteriores, podería funcionar agora. Pero a excusa para poñela en marcha agora é o aforro.

E a docencia?

“Que interesante que auto-fagas esa pregunta, Xabi”

Non é sinxelo. Estiven, estou e estarei a favor da docencia presencial. Hai cousas que se perden na teledocencia (síncrona), dinámicas da aula, contidos que se poden compartir (e como)… pero creo que hai moitas labores que se poden des-presencializar.

Igual que na televisión hai moitos contidos que se poden “des-linearizar”.

Horas de docencia, absolutamente presenciais, sempre que sexa posible. Pero estou aberto a escoitar outros puntos de vista. De feito, sería un tema moi interesante para tratar nun podcast.

Ben, basta de divacacións, vamos con cousiñas que vin esta semana e que me pareceron interesantes

RESEÑAS FALSAS. Un tema que me ten fascinado durante anos (de forma indirecta, tiña que ver co meu tema da tese de doutormento, de feito cheguei a falar sobre iso). en El Confidencial fan un bo repaso sobre este tema e sobre a dificultade que terá regular isto, a propósito dos últimos movementos do Ministerio de Consumo.

NO CODE. Microsoft poñéndose as pilas neste aspecto. E moito. Acaban de presentar unha ferramenta para converter en interactivo un deseño en lapiz e papel.

NUBE. Filen.io é outra ferramenta-nube cun espazo gratuíto. Eu sigo probando servizos destes porque ningunha nube actual cubre todas as miñas necesidades. Aínda non podo valorar o rendemento no mac, pero pinta ben. A vantaxe? a encriptación.