Amosa as túas publicacións de Google Scholar na túa web en WordPress

A intelixencia artificial xerativa abre novas posibilidades para a personalización de WordPress. Levo máis de 15 anos usando esta plataforma e, a miúdo, atopei limitacións en canto a plugins dispoñibles para certas funcións específicas. Por iso, decidín empregar a IA xerativa para crear un complemento que permite incrustar publicacións de Google Scholar directamente nunha páxina de WordPress. Neste artigo, comparto o plugin, as súas funcionalidades e as instrucións de personalización, para que calquera que teña a mesma necesidade poida utilizalo. 🚀
Como a IA me axudou a redeseñar o meu sitio web

No mundo dixital en constante evolución, manter un sitio web actualizado e atractivo é esencial. Este artigo describe como a intelixencia artificial (IA) xenerativa converteuse na mellor aliada para o redeseño dun sitio web en 2025. A IA axudou en tarefas como a revisión de textos, a creación de imaxes sintéticas, o borrado de fondos, a selección de cores e o desenvolvemento de plugins, demostrando o seu potencial para transformar o deseño web.
As derradeiras novas da Zona Wifi (vol. 59)

Dicía Anxo López na súa derradeira newsletter “Aprendizajes” que “Empezar un proyecto es difícil, acabarlo es necesario”. Un referente en todos os sentidos. O único papel que teño impreso e pegado no meu taboleiro é un lembrete sobre as emocións humanas, tan necesario como fácil de esquecer. Estas son as derradeiras novas da Zona Wifi. […]
Integrar a IA xenerativa de texto en macos. Unha ollada a algunhas aplicacións dispoñibles

Agora que xa asumimos ChatGPT como parte do noso día a día, a capacidade de xerar contido de maneira rápida e eficiente é unha vantaxe invaluable para calquera profesional. Este artigo explora o mundo das aplicacións de xeración de texto impulsadas por IA en macOS, destacando as mellores opcións para escritores, especialistas en marketing e outros profesionais que buscan simplificar o seu proceso de creación de contido e aumentar a súa produtividade. Ademais, analízanse as vantaxes de usar aplicacións nativas en lugar de navegadores web, como unha mellor optimización dos recursos, integración profunda co sistema operativo e unha experiencia de usuario
S04 – E04 Conectar dous ipads como pantallas externas

Conectar dous iPads como pantallas externas é posible grazas a ferramentas específicas para cada sistema operativo. Para Windows, Spacedesk ofrece unha solución efectiva. En macOS, Duet Display e Luna Display son opcións destacadas que permiten ampliar a túa área de traballo de maneira sinxela e eficiente. Estas ferramentas son ideais para mellorar a produtividade e optimizar o uso de dispositivos Apple
As últimas novas da Zona Wifi (vol. 58)

Esta semana publicáronnos un capítulo de libro do que me sinto especialmente fachendoso: “Use of Generative AIs in the Digital Communication and Marketing Sector in Spain”, na editorial Springer. Este traballo aborda os primeiros usos de ChatGPT e outras ferramentas de creación de contido sintético en febreiro-marzo de 2023, destacando que un 42% dos profesionais considera que estas tecnoloxías cambiarán radicalmente a súa profesión. Aínda que as opinións sobre o seu uso son diverxentes, é crucial recoñecer o seu potencial e seguir explorando a súa aplicación no campo da comunicación e o marketing dixital
S03 E08 Especial “Wi-Tip” con @dorfun: “Usabilidade (e deseño) do lado do ben e do lado do mal”

Desta volta Amador trae un tema ben interesante, a propósito da newsletter A folla de Jacobo Tarrío: usabilidade. Pero usabilidade do lado do ben (botón do pánico) ou do lado do mal, cos deseños escuros. Por certo, deberías escoitar o episodio ata o final. — Support this podcast: https://podcasters.spotify.com/pod/show/xabierrolan/support
S03 E10 Volvo a Windows 13 anos despois

Volver a ter un equipo con Windows ben merece a pena contalo! Que che conto neste episodio? Que me levou a voltar a windows Con que equipo volvín a Windows Que uso lle vou a dar Que me gusta deste regreso Que non me gusta deste regreso, ou a qué me tiña acostumado macos Lembra […]
S03 E09 Especial “Wi-Tip” con @dorfun e Oswaldo García Crespo: “Tecnoloxía e audiovisual”

Retomamos as entrevistas e temas nos que non so cuñadeamos, senón que temos convidados!. Hoxe acompáñanos Oswaldo García Crespo, profesor de montaxe e novos medios na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Uvigo. Que por que deberías escoitar todo o episodio? Pois porque temos un SORTEO moi guai. Así que xa sabes, escóitao, […]
S03 E12 Especial “Wi-Tip” con @dorfun: “Black to school”

Porque xa é tarde para falar da volta ao cole, pero aínda é cedo para falar do Black Friday. Resolvemos o concurso que tiñamos pendente, aínda que o produto que sorteamos pechou o seu servizo (algo totalmente involuntario pola nosa parte!). Amador recoméndavos un calendario de advento de RaspBerry, e Xabier recoméndavos a triloxía de […]