Esta semana tiven bastante lío, así que o boletín é moi breve. Preferín adicarlle uns minutos ao podcast (o máis “íntimo”) e falar de cómo volvín a Windows 13 anos despois.

Se usas Windows igual estas cousas che parecen chorradas, pero aquí van un par de apps que descubrín esta semana e que merecen a pena.

Quicklook é unha aplicación que che permite previsualizar o contido dun arquivo sen abrilo, so premendo a barra espaciadora. Como en mac. De balde.

Foxit PDF reader é un lector de PDF (como o seu nome indica) lixeiro e menos armatroste có de Adobe.

Cider é un cliente para poder empregar Apple Music en Windows. De balde, e mellor que “eso” que é iTunes

Para pensar

Algo que non puiden facer moito esta semana, pero aquí vai unha lectura coa que estou algo confuso: Unha aproximación á dislexia que propón que deixe de ser unha enfermidade. Certamente, algo que afecta a case o 20% da poboación… pois será algo, non? Pero ese algo ao mellor non é unha enfermidade.

Ao fío disto, moito lembro a miña etapa de aprendizaxe condutora, cómo confundía esquerda e dereita e o monitor (Suso, aperta grande se les isto!) me indicaba que para mellorar isto, levantase o índice da man na dirección que tiña que tomar. Isto axudoume bastante no que, chegado ao exame, lle indicou ao examinador: “tiene problemas de lateralidad”. Aínda hoxe confundo esquerda e dereita, sobre todo na fala.

Non sería a primeira vez que unha enfermidade deixa de selo, e creo que esta semana é unha semana boa para sinalar este último punto.

Apoia o que fago

É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

E se che sobran os cartos, aquí a miña conta de paypal. Todo o que entra é para trebellos ou software, prometido!

E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.