Internet, o medio máis local. Vaia experimento para demostrar o localismo da rede. Os vídeos suxeridos en TikTok a habitantes de Rusia e a habitantes de Ucraína. Ao final, era máis aldea que global.

E seguimos con redes sociais. Un beixiño (irónico) para os que compartides as fotos dos pequerrechos en redes sociais. Just remember: “los menores nacen ya con derecho a la propia imagen, al honor y a la intimidad y deben ser respetados por los padres”.

WORDPRESS: Falo pouco sobre o meu benquerido #WordPress. E está a mudar moito, e moi rápido, e non lle estou a prestar toda a atención que debería. Chegou a edición completa dos sitios, e o ecosistema de templates está nun punto de inflexión moi interesante, sobre todo para os maquetadores visuais.

NAVEGADORES: As extensións favoritas de Alex Barredo, unha fonte inesgotable de sabedoría en formato newsletter e podcast.

OPERADORAS DE TELEFONÍA. Isto é o que as operadoras de telefonía saben de ti. É froito dunha análise de das políticas de privacidade de seis compañías. Flipante, verdade?

Mundo Apple

Pero como puiden vivir tanto tempo sen SPAMIFY? Esta aplicación queda na barra do mac e permite crear nun clic contas de correo aleatorias para rexistrarse en sitios web (si, so podes recibir mails). A ver se así consigo ir baleirando de broza os correos electrónicos (todos).

Gústame este concepto: fondos de pantalla que varían en función do nivel de carga da batería. É fácil de implementar con shortcuts (atallos). Estes son exemplos de pago, pero vaia, que supoño que se poderán utilizar outros diferentes.

Apoia o que fago

É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.

Lémonos á volta das vacacións!