…porque, quen máis ou quen menos ten mercado nunha tenda en liña. Igual moitas e moitos de vós pagades a suscrición a Amazon Prime (por certo, 12 e 13 de xullo o Prime Day). Compra agora e devolve o que non che interesa. Proba na casa e se non che gusta devólveo.

As estadísticas sinalan que devolvemos máis do que compramos. Non no meu caso, xa que me dá unha pereza terrible ter que devolver algo. Pero chegamos a ver prácticas por parte de clientes como “mercar máis do que precisas para chegar ao importe mínimo para evitar os gastos de envío e devolver despois o que non precisas”.

Inditex quere cobrar uns 2€ por devolución, e con iso abre a veda para poñer fin a un monstro tremendo que asfixia ao pequeno comercio: o comercio electrónico sen sentidiño. ¿Deben mudar as regras de xogo para que sexa máis sostible? Si, esto está claro. ¿Debe regulalo a Administración? (sei que me les, Garzón! jajajaja). Non teño opinión sobre o tema, pero o debate merece a pena.

A propósito de ecommerce, unha cuestión que pasei por alto de Apple a semana pasada. Apple Pay Later. Compra agora, paga máis tarde, sen financiamento bancario. Que significa isto? De facto, Apple convértese nunha entidade bancaria. Ao meu xuízo, era un paso inevitable dende hai xa uns anos (sabendo que o seu valor é superior ao PIB de moitos países do primeiro mundo…). Elimina o intermediario bancario e ofrece un pago aprazado sen comisións. Está por ver o aumento de vendas, pero visto o incremento de prezos dos seus produtos, creo que se non descenden as vendas, vai a ser un gran éxito (para Cupertino).

E falemos tamén de economía. Da economía da infidelidade. Un estudo de Gleeden, comentado por El País, revela que que ter un/ha amante é un luxo para quen o poida manter (Capitán Obvio!). Que os pagos (hoteis, restaurantes, regalos…) sempre que posible en efectivo, que son infidelidades moi ancladas no tradicional (e pouco liberal) e que os regalos non son maiores para o/a amante con respecto á parella “estable”.

En curto, outros temas da semana

#LOGALLEGO. A Área de Normalización Lingüística da Uvigo publicou unha “Breve guía para mellorarmos o uso do galego” que é realmente interesante. Sobre todo a parte na que sinalan palabras erradas en orde alfabético.

CONSUMO DE NOVAS. Velaquí o Digital News Report 2022. A confianza nos medios está a diminuír desde 2017 en España, e por primeira vez hai máis escépticos que persoas que confían nas novas. Sorprende o uso de podcast (41%). Xa son varias as enquisas que vexo sobre este tema e cifra. A min aínda me parece sorprendente.

PESTE NEGRA. Xa resolveron o misterio do punto de partida da peste negra: Kirguistán. Non se resolve a orixe, aínda que hai moitas hipóteses ligadas ao cambio climático. Algo que me desconcerta e preocupa a partes iguais.

PHOTOSHOP DE BALDE. En liña, si, pero de balde. O único requisito para usar esta versión gratuíta de Adobe Photoshop é ter unha conta de Adobe Creative Cloud. É unha versión limitada que comezou a estenderse en Canadá. Chegará a máis países (entre eles, España).

E ata aquí. Feliz domingo. Dalle unha aperta grande a quen teñas ao teu carón.

Apoia o que fago

É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

E se che sobran os cartos, aquí a miña conta de paypal. Todo o que entra é para trebellos ou software, prometido!

E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.