Xa pasaron uns días dende a presentación do luns, pero para min segue a ser o monotema tecnolóxico da semana: “a de cal e area” que trouxo Apple. O que me alucina desta empresa é que é capaz do mellor e do peor na mesma presentación. En realidade é que evoluciona de forma diferente ás nosas espectativas, e iso agrada e disgusta a partes iguais. Aquí vai unha síntese do que me gustou e disgustou
Hardware. Novos vellos equipos
?Renovación do macbook air, 50gr. máis lixeiro, mellores materiais de construción e un novo procesador, M2, que é un pouco máis rápido có M1.
?Na miña opinión, unha renovación necesaria, pero que se escapa de prezo: 1519€ de partida en España.
?Tamén renovaron o macbook pro de 13’. outro procesador na mesma carcasa e mesmo todo…
???…pero o que me disgustou do asunto é que o macbook air con procesador M1… encareceu!!!! Agora o prezo base son 1219€ (antes eran 1129€).
Software. Novos sistemas operativos
MacOs Ventura: ? A aplicación de correo agora permite desfacer envíos (creo que ata 10 segundos despois de darlle a enviar) e programalos. Algo que xa hai tempo que viña facendo con Spark, pero benvida sexa!
iOs: personalización da pantalla de inicio, bibliotecas compartidas e algunhas cousas máis que me aportan cero interese.
IpadOs: o mesmo que o anterior e ademais… ???VENTÁS FLOTANTES. Algo que demandabamos dende hai anos.
??PERO so para iPads con procesador M1. Esto paréceme gravísimo, porque o procesador que serve de base aos sistemas baseados en M1 é o A12z, que montan todos os iPad pro dende 2018. Explícano ben aquí. Está claro que queren facer desta funcionalidade o motivo de incremento de ventas deste trebello.
O que non é Apple esta semana
SEXISMO. Chineses plaxian o mítico Beetle de VW e fan versións de home e de muller. Que ten a de muller? cámara selfie, modo de conducción feminina, cámara para os nenos que van atrás, compartimento para maquillaxe… aquí explícano de forma máis detallada, vaia xoia!
SPOTIFY E ALGORITMOS. Esta ferramenta promete amosar cómo funciona o algoritmo de recomendación de Spotify. Na miña opinión, o mellor, pero claro, so podo comparalo con Amazon Music e Apple Music.
PODCAST. Amador e un servidor falan sobre deseño e usabilidade, do lado do ben, e do lado do mal. Outro WiTip memorable (coma todos!)
VELLINFLUENCERS. Unha peza que recolle a boa vida da terceira idade na súa aproximación á creación de contidos con TikTok.
APPs INTERESANTES. Esta semana descubrín PHOTOPEA, algo así como un photoshop versión online. Aquí unha experiencia de uso a través da que cheguei á ferramenta.
Apoia o que fago
É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.
Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.
E se che sobran os cartos, aquí a miña conta de paypal. Todo o que entra é para trebellos ou software, prometido!
E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.