Pois si, como teño varias cousiñas académicas para comezar, falemos do interesante e do bizarrismo académico. Con estas dúas novas.

Academiña

Non sei qué me parece máis fascinante: que varios científicos ensinen cal é a mellor maneira de separar unha galleta OREO ou que sexa parte dun estudo científico publicado nun journal académico. Despois disto, nada do que vos aporte poderá parecer suficiente.

Isto tamén é fascinante. Galifascinante. Científicos da Uvigo (modo orgullo: on) atopan gaitas en uso dende hai varios séculos. Desenvolveron un método matemático para datar, segundo o desgaste do punteiro (uso dactilar) máis eficaz e moitísimo máis barato (e menos arriscado) cá datación por carbono 14. E hai gaitas en uso dende a idade media. Flipante!

Vamos agora coas cousas de tecnoloxía.

GOOGLE. Velaquí uns truquis para aproveitar mellor o motor de búsquedas de Google. Francamente, o mellor é o das búsquedas internas en webs, aínda que debes saber que son son búsquedas internas, senón entre as URL indexadas dese portal web.

TWITTER. Négome a falar dese rico EgóLatrá dO que se está a falar día si e día taméN. Pero o debate sobre Twitter é interesante. Aquí o testemuño do cofundador de Reddit, que algo de capas sociais sabe. É un fío de Twitter, pero no link tédelo ben masticadiño. Coincido parcialmente cos seus argumentos, sobre todo nisto:

Porque non son OS TEMAS os que se censuran. É COMPORTAMENTO.(É por iso que tanto a xente da esquerda como a da dereita pensan que están sendo atacadas)

O problema das redes sociais é a parte SOCIAL (persoas). Non a REDE (empresa).

Tamén comparto o de que a vella internet morreu porque

…trouxemos todas as nosas vellas e horribles disfuncións colectivas a Internet

O que non comparto é a visión neutral da tecnoloxía. Twitter, como plataforma, os seus algoritmos, non son neutrais. Non o son. Non é un sesgo consciente, pero existe. E sábeno. Sábeno porque os informes que eles encargaron ASÍ O DEMOSTRARON.

GUERRA. Un soldado ruso rouba uns airpods durante o asedio de Kiev e o propietario rastrexa a ubicación do soldado grazas á tecnoloxía de seguemento de Apple. Airpods como botín de guerra?

Tamén sobre o tema, gustoume este artigo sobre como os memes modifican a percepción que temos da guerra, en particular, resúltame interesante como os memes simplifican realidades moi complexas e reconstrúen, en conxunto, unha narrativa social que non ten por que parecerse en nada á realidade da que parten. Unha realidade de brancos e negros, heroes e villanos.

INFLUMERDERS. Mira o que cobran os influencers por facer publicidade de criptomoedas. Ata 80.000 dólares.

Audiocousas

Amador e un servidor volven ás andadas. Cuñadismo tecnolóxico nun capítulo “sen título”. E así todo.

Gústache o wordle? E os videoxogos? Pois podes probar este “heardle” sobre videoxogos. O meu resultado é “CERO”.

Mundo apple

Outra recompilación das mellores apps para mac en 2022. E a mellor recomendación está no segundo comentario: Raycast.

Extensións para bloquear anuncios e, sobre todo, trackers, hai moitas para mac. Eu recomendo wipr (de pago, pero é a que eu uso. Funciona cos molestísimos anuncios de youtube), e estou probando 1blocker.

Caixón de-sastre

Gustoume moito esta foto das principais linguas do mundo. Creo que o galego está mal-follado (retranca) con respecto ao portugués. Pero curioso, é.

Apoia o que fago

É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.