Cando digo que este semestre é terrible na Universidade, non minto. Rematan as aulas, si, e ao tempo, facemos encaixe para os exames, correccións de traballos, TFG e TFM, e a planificación do vindeiro curso académico. E se estás nalgún tipo de cargo de xestión, o traballo duplícase! Non é unha queixa, teño o mellor traballo do mundo. Pero ás veces hai que explicar que facemos cousas mentres non estamos na aula.

Como hai tempo que non escribo, de actualidade terá pouco, pero de reflexión, seguro que ten un anaco.

INTERNET. Lin en Wired que igual a orixe que nos coñecemos da internet, iso de arpanet e tal, que tampouco é como se recolle nos libros de historia. Xulgade por vós mesmos/as

HTML. Un recurso didáctico interesante para aprender HTML e CSS, https://learnhtmlcss.online. Inclúe algunhas leccións gratuítas. Sei que hai unha morea de recursos similares, pero dá gusto cando atopas algúns feitos con xeito e cariño.

NO-CODE. A filosofía no-code é unha estupenda forma para facer unha aproximación ao mundo da tecnoloxía. Este artigo de El Confidencial recolle o estado da cuestión dun xeito moi optimista – algo simplista – pero que seguro que che axuda a compender que este futuro xa está aquí. Creadores de contido que son creadores de produtos e servizos.

YOUTUBE. Buscar vídeos en youtube pode ser máis sinxelo con esta ferramenta: videomention. Procura o termo de búsqueda a través dos subtítulos de cada vídeo. É interesante para marcas, palabras clave… etc.

Audiocousas

O que ovlveu é o Guadiana dos podcast, un novo Wi-Tip para falar de videoxogos. Nada nerd, nada friki, so dous vellos falando da súa aproximación ao mundo dos videoxogos.

Moito me rin con este “aquí hai dragones” no que Rodrigo Cortés fala de música e cousas sinxelas, e as “homenaxes” ao Hannon, que calquera que saiba un minimísimo de piano, comprenderá.

Academiña

A miña teima co de reducir o consumo de contidos sociais, abordada dende a Academia. Menos consumo = mellor saúde mental.

Mundo Apple

Estou probando un novo lector de PDF. Está orientado á contorna académica, pero é válido para calquera usuario. E multiplataforma, non so macos! Ah, e de balde. Chámase Sioyek

Caixón de-sastre

A historia da vila que nunca existiu, Agloe, e que Google borrou dos seus mapas. Sobre cartografos, plaxios e a dixitalización. Unha lectura curiosa para despedir este boletín. E se o tema da cartografía che gusta, este episodio da Escóbula sobre mapas what the fuck seguro que che interesa.

Apoia o que fago

É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.