Son consciente; ser blogger non é sinxelo: temáticas, calendarización, escribir para google e escribir para as persoas, puntualidade, esforzo e tesón… pero hai días que, revisando os artigos publicados, atopo a xente que insiste en desprestixiar o oficio.

Apple cierra el mayor acuerdo de distribución de su historia con China Mobile

Un titular correcto, unha url máis que correcta para mellorar o SEO… pero un texto insufrible. Vexamos o primeiro parágrafo

Parece que a la compañía de Cupertino se ha portado bien por que estas navidades le van a traer justo lo que quería: China Mobile y Apple han cerrado, al fin, el mayor contrato de distribución de su historia. China Mobile, quien cuenta con más de 760 millones de clientes, ha llegado a un acuerdo con Apple para comenzar a vender iPhone 5s y iPhone 5c a partir del 17 de enero. El acuerdo se hará oficial el 25 de diciembre, día de Navidad, una fecha que viene ni que pintada.

“a la compañía de Cupertino se ha portado bien” Que construción sintáctica é esta?? Ou ben escribes “a la compañía de Cupertino, que se ha portado bien, le van a…” ou “la compañía de Cupertino…”. E non quero afondar no significado de asimilar a ubicación da empresa coa propia empresa: parece que se non te refires a Apple como “Cupertino” ou a Google como “Mountain View” non es ninguén neste mundiño.

“se ha portado bien por que…” PORQUE. Non é dan difícil, pese a que todas as semanas atopo algo semellante.

“justo lo que quería:” ALGO. Quería algo, non unha maldita construcción de 16 palabras.

“China Mobile, quien…” O pronome relativo QUIEN so se utiliza con persoas e en cláusulas parentéticas. China Mobile ten 700 millóns de usuarios, pero, ata onde chego, é unha entidade, non unha persoa.

“una fecha que viene ni que pintada”: a expresión é QUE NI PINTADA. Nada que engadir.

 

Este é so o primeiro parágrafo, o resto do artigo, sen chegar a este tipo de cuestións de primaria, non cumpre as regras básicas da comunicación xornalística.

Descoñezo se o autor é español ou non, e por iso algunhas das construcións sintácticas poden estar xustificadas na súa variante de español. De feito, espero que así sexa, porque o nivel, xa non son deste artigo senón do propio blog, é baixo, baixísimo. Dá pena.

Entendo que o salario de blogger é baixo, e que os grupos de blogs como Hipertextual queiran maximizar os ingresos con artigos de calidade baixa (no mellor dos casos, mediocre), pero flaco favor lle fan á lingua, se o único que conseguen é entorpecer a comprensión lectora do usuario medio.

Unha resposta

  1. Como “blogger profesional” podo dicirche que estas cousas ocorren sempre. Non todo o mundo sabe escribir e non todo o mundo ten a capacidade de síntese que se require. Descoñezo o caso deste autor de Appleweblog pero é de traca. Non ten prácticamente sentido o párrafo e é algo que deberían mirarse, xa que o de escribir rápido pode ser desculpa para algún error de tipografía ou de sintaxe ao aplicar varias correccións pero non podes publicar un párrafo que cando o les chirría por tódolos lados.