Lendo que Facebook dá un respiro a WikiLeaks, reflexiono sobre a enorme función aclaratoria que está a levar a cabo esta organización, a un segundo nivel.

WL Hour Glass small1 thumb1Wikileaks está deixando ao descuberto o entramado de relacións entre as diferentes organizacións, empresas e os gobernos…
Amazon deixou de aloxar a web de wikileaks, e paypal xa non acepta doazóns para a causa da organización.

Un banco suizo conxelou a conta de Julian Assange, e os cartos conxelados poñen en relevo unha grande proba: que a “neutralidade suiza” non é máis ca unha suxa etiqueta e puro marketing. Levan ducias e ducias de anos vendendo unha falsa neutralidade (Guerras Mundiais, Guerra Fría) pero xa temos probas que demostran a falsedade das actuacións suizas.

Seino, extrapolar unha acción dun banco ao comportamento dun país é demasiado xeralizar. Pero estou convencido de que non me equivoco.

A contrainformación sobre WikiLeaks tamén é abundante, como a orde de prisión contra Assange por abusos. Non entro a valorar o que sucede con este tema, descoñezo os intereses ocultos de wikileaks (que tamén os pode ter) pero non por iso imos a desvirtuar a resposta que este tema está a xerar na sociedade.

A cidadanía, pola súa banda (ou polo menos unha boa parte dela) quere máis wikileaks

Xa hai organizados boicots contra Amazon e Paypal, e a xente segue a dar soporte económico e moral á organización.

Se queres contribuír, estas son as instruccións sobre como crear un espello de WikiLeaks no teu servidor. Xa van máis de 500, e subindo. Claro que hai máis, so tes que mirar na propia web

20101213 1 thumb1Julian Assange é o personaxe do mes para a revista Time, e leva camiño de ser o personaxe do ano (se a revista ten valor, claro está).
Todo iso se o deixan, porque mentres escribo esto, están deteñendo ao promotor desta organización en Londres.

Titulaba este post como “aínda hai esperanza”. E haina. Para os ilusos, para os demócratas e para o xornalismo de investigación. Pero será materia para outro post.