CMsimple é un CMS moi sinxelo que podedes atopar aquí.
Actualmente está dispoñible en bastantes idiomas, e a partires de agora, un máis: o galego
Podes descargar os arquivos da tradución baixando o seguinte arquivo comprmido: cmsimple_galician
Ou ben, dende a propia web de CMSimple.
Instalación (tamén podedes ver o tutorial do propio CMS aquí)
- Arquivo gl.gif (bandeira): copiar o arquivo na seguinte ruta: images > flags
- Arquivo gl.php (é o idioma propiamente dito): copiar o arquivo na seguinte ruta: cmsimple > languajes
- Para activar o idioma galego, temos que o arquivo content.htm (dentro da carpeta content) e pegalo dentro da carpeta 2lang. Logo renomeamos a carpeta 2lang polo nome gl e listo!
- O arquivo que teremos dentro de gl,( content.htm, se lembrades) alberga o contido a traducir da web. Mais con estas indicacións deberíades ter xa o idioma operativo e listo para iniciar a tradución dos contidos unha vez identificados no sistema. É importante que , se traducides o arquivo dende un editor externo, non modifiquedes ningunha das etiquetas que están en dito arquivo, nin cambiedes a extensión (non, .html tampouco vale)
- Ollo, os nomes das carpetas e arquivos – gl no noso caso – han de coincidir.
- Para máis idiomas, repetir a operación cos arquivos de ditos idiomas.
Tamén tes a opción fácil de optar polo tradutor de google. Pero non che garantizo resultados… para o galego aínda non vai moi fino…