Moito.
Esa sería a conclusión principal sen botar contas. Pero este ano, a propósito do meu cambio de coche, quixen botar outras contas e saber realmente cal era o custe do vehículo. Velaquí algúns datos.
- O prezo do vehículo e a súa posta a punto saiume algo máis cara do que eu imaxinaba: 4332 Euros. Nesa cifra inclúo prezo do vehículo de segunda man (11 anos de antigüidade), ITV, reparacións de mantemento (mal mantemento da dona anterior, pero eso daría para outro post) iniciais e mantemento xerado ao longo do ano.
- Os custes de seguro ascenderon a 370€
- O gasto en peaxes supoxo 144,81€
- O combustible supoño un desembolso de 1712,66€ (cos que fixen uns 22000km) e, aínda que o coche non ten un consumo excesivo, si que representa un gasto MOI importante, xa que é o que se nota día a día.
- Non inclúo os custes de parkings, zona ORA e outros gastos de estacionamento, pero calculei arredor duns 200-250 euros ao longo do ano. Tampouco inclúo multas nin guindastre porque, por sorte, este ano fun algo máis precavido.
É certo que na segunda metade do ano o gasto en combustible se reduciu substancialmente pola utilización da moto para transporte urbano (e o conseguinte aforro de parking. Tanto é así que os primeiros 15000km fíxenos na primeira metade do ano.
Todo iso para dicir que
A) Ao marxe do valor do coche e do mantemento inicial, os 22000km tiveron un custe de 2271€ (pero non, non é tan sinxelo para adiviñar un custe de 0,10€/km)
B) Cando merquedes un coche, asegurádevos antes de que está en perfectas condicións. Facédeme caso…
C) Se credes que cos 2271€ que eu gastei vos faría o mesmo servizo un taxi / transporte urbano… NON MERQUES UN COCHE
Este post está baseado no estupendo análise de Carlos Neira – Calidonia – sobre o custe dun coche.
Este post, ademais, está adicado para toda a xente da miña xeración da comarca de Monterrei e, por extensión, do interior, de Ourense, pola manía que existe por ter un bo coche aínda que non se teña a capacidade para mantelo. E tamén supón un tirón de orellas porque na miña terra, o coche é sinónimo de liberdade, xa que che permite non depender de terceiros para unha oferta de ocio decente. Mesmo para ter vida social, se me apurades ;)
Unha resposta