Unha das primeiras cousas que aprendín cando estudaba na universidade, e que permanece inmutable, é que o concepto “caro” ou “barato” está na mente do consumidor, e non no prezo do produto.

Pode parecer unha parvada, pero cando comprei o meu primeiro macbook – que me custou 2000 euros en 2008 – pareceume “caro”. Cando comprei o meu segundo macbook en 2013 – 2500€- pareceume “barato”. Estivo 9 anos dando guerra e agora está aguantando coma un campión en moi boas mans.

Durante unha época escura tiven un BMW que me custou 2000€. Un coche que me saiu caro, carísimo. Carisísimo. En serio.

“Xa, Xabi, pero é un produto físico. Que pasa cos intanxibles”?”

Con servizos é máis difícil. É por iso que me resultaba, cando era autónomo, tan difícil vender webs pequenas. “Como che vou a pagar 500€ por unha web???”. Non conseguín facerlles entender que lle ía a ser máis barato que as opcións económicas que atoparían por aí diante.

Agora pasa algo semellante coas aplicacións móbiles. E si, efectivamente, estou a falar da aplicación móbil do Ministerio de Igualdade, que permite o reparto das tarefas do fogar. Y LO QUE PASÓ DESPUÉS OS SORPRENDERÁ. Ou non.

Creo que a ninguén sorprende que unha lexión de machistas (homes e mulleres) ataquen a aplicación por vir de onde ven. Porque parece que os douscentos mil euros que custa mídense de forma diferente en función do Ministerio que os gaste.

Velaquí unha pequena escolma dos comentarios ao respecto da aplicación:

¿En serio necesitamos una aplicación para las tareas domésticas? Dudo que el que haya sido un vago toda su vida deje de serlo con una simple aplicación.

Otra app basura echa con dinero público Una basura app que ha costado más de 200.000€ con dinero público y que no vale ni 1.000€ hacerla Como siempre la de Igual Da haciendo cosas que no valen para nada

Harán la app de uso obligatorio y cuota mensual?

Non son os peores, nin os mellores. So pretendo reflictir unha liña de pensamento xeralizada, se queredes “canela en rama” podedes ir a Twitter X (a ver cando desaparece esta plataforma) a ler estes comentarios.

Non quería entrar en se era caro ou barato. A min paréceme barata, pero non son programador. Pero si podo entrar en cómo se ataca. Porque si hai varias reflexións ao respecto. Porque serve para explicar varias falacias moi habituais en internet

Argumentos ad hominen. A falacia como ataque ou os ataques ao ministerio por ser o de Igualdade. Se fose outro ministerio (salvo o de Consumo) ou outro goberno doutra cor, non teríamos estos ataques. Utilizar unha lenguaxe fortemente despectiva ao cualificar a aplicación como “lixo” e cuestionar o uso de diñeiro público para o seu desenvolvemento. Non se ofrecen argumentos concretos ou evidencia para respaldar estas afirmacións, o que suxire un ataque ao carácter ou á calidade da aplicación en lugar dunha análise obxectiva dos seus méritos

A falacia da tautoloxía, ou repetir o mesmo de forma lixeiramente diferente, pero sen aportar nada novo. Como que a app é mala porque é dunha administración pública. Ou que é un despilfarro porque se paga con diñeiro público.

Falacia de xeralización apresurada: Faise unha afirmación xeralizada de que a aplicación é un “lixo” sen proporcionar detalles específicos nin evidencia que respalden esta afirmación. Ademais, afírmase que “non vale nin 1.000€ facela”, que é unha estimación sen fundamento.

Por certo, é importante ter en conta que a decisión de utilizar unha aplicación para tarefas domésticas pode basearse nunha variedade de razóns válidas e non necesariamente implica preguiza. As xeneralizacións apresuradas poden levar a conclusións erróneas e non reflicten unha avaliación xusta da situación.

Falacia da falsa autoridade: apelar á autoridade dunha persoa ou autoridade que non é realmente unha autoridade no tema. Cando se di que se o fixera un desenvolvedor independente custaría 3.000€. Non todos os desenvolvedores son independentes, nin se fala do concurso público para licitar a app, nin calquera desenvolvedor pode facer esta aplicación.

Por certo, podedes descargala para android aquí, e en iOs aquí

one more thing.

O vindeiro fin de semana estarei moi, moi nervioso. O sábado 15 estarei de WordCamp. Este ano, como relator de charla de 25 minutos. Acumulo ducias de congresos, centos de horas de formación externa e miles de horas de formación na Uvigo… pero este evento, este relatorio, ponme moi, moi nervioso.

Que non tes entrada? É moi sinxelo de solucionar!