Hoxe, máis ca calquera outro día, volvo a pensar… onde están as cabezas pensantes do marketing?
El Mexi-Llón gallego será la primera mascota de la Vuelta Ciclista a España
Aquí temos á mascota! Un mexillón ciclista, que aproveita o deseño da cuncha para inculcar o uso do casco… non sei se aproveitando para facer FLAME do novo regulamento da DGT para obrigar a cliclistas urbanos a levar casco.
Mexillóns e ciclismo… esa combinación non pode lembrarnos outra cousa que a Pedro Delgado falando sobre as bateas durante a retransmisión da Vuelta a España 2012 (por favor, ver o vídeo)
E si, en realidade o do mexillón é unha escusa. Porque mexiLLONS non sei se terán, pero **LLONS para parir algunhas das ideas dos pasados anos, sobraron!
A fusión das caixas. Como fusión mesma
Dende logo, o seu marketing foi síntoma da súa fusión. Estreñimento e Disfunción. Supoño que se entende ben o chiste (si, o nivel humorístico é parello ao deseño dos logotipos).
Nun alarde de orixinalidade, CAIXA GALICIA + CAIXA NOVA = NOVA CAIXA GALICIA. Esforzo extremo. E quedarían derreados.
Pero non quedou aí a cousa. Como as caixas desaparecían, que sentido tiña manter ese nome? Tiñan unha segunda oportunidade para enmendarse. Barallábanse nomes como Caixa Atlántica, Caixa Breogán… pero non, o esforzo foi incluso maior que a primeira vez. NOVA (CAIXA) GALICIA = NOVA GALICIA (BANCO)
No Va Galicia Banco. E efectivamente, así foi. Galicia Banco NON FOI
Anos Santos que sería mellor esquecer
Unha das mellores mascotas das que teño recordo, o Pelegrín, foi xubilado como mascota xacobea por este innomeable ser. E ademáis co obxectivo de perpetrarse más alá do 2010!!!
Como esquecerte, Xubi! Como esquecer a mascota máis indefinida dos últimos tempos! Unha mestura de… bomba de Super Mario, unha landra… que é o que ten ás costas? Un paraugas???
Cústame imaxinar un deseño máis desafortunado…
E, xa por trollear a un nivel máximo e para despedirme en condicións… que mente retorcida lle puxo por nome, a unha mascota andaluza, CURRO?
E, dende aquí, un saúdo afectuoso a todos os andaluces. Ben, a todos non. Aos que a día de hoxe aínda se rin do noso sotaque, a eses nin gota de afecto ;)
Por suposto, calquera aportación a esta colección de monstrosidades é ben recibida!