Como mola voltar á radio! Os mércores en @vocescompostela @Radio_Voz con @AGR_CH.
Falando de #lointerné, por suposto ? pic.twitter.com/TwMnW1OwAb— Xabier Rolán (@XabierRolan) 13 setembro 2017
A partires de agora, os mércores estarei nos micrófonos de Voces de Compostela (RadioVoz) con Alberto González.
Esta sección supón o meu regreso á radio, onde comecei a andadura no mundo profesional… aló polo 2006. Un pracer voltar ao mundo das ondas, e falando sobre o que a min máis me gusta!
“Zona Wifi” é un espazo onde falar sobre tecnoloxía, redes sociais… “Lo Interné”, grosso modo!.
Velaquí o programa de hoxe, sobre seguridade nos dispositivos móbiles. Escoita “Zona Wifi” aquí
09/13 11:00h Seguridade nos dispositivos tecnolóxicos.
- Que é o ramsomware. Como evitalo
- Consellos para mellorar a seguridade
- E nos trebellos móbiles?
- Conceptos interesantes
- Outras medidas de seguridade
- Webs interesantes (para finalizar)
A recomendación da semana é a web https://haveibeenpwned.com/ que permite saber se os nosos datos se viron comprometidos
Podes escoitarnos en directo os mércores ás 11:00h, no 106.1 FM do teu dial.
Tamén podes escoitar o programa completo no podcast que se actualiza todos os días en http://www.radiovoz.com/archivo/68/vocesdecompostela/
E se queres que falemos dalgún tema concreto… pois xa sabes como pedirmo, non?