La Ventana (30/10/2017) Sobre a intoxicación en redes sociais

O equipo de La Ventana convidoume a asomarme un ratiño pola radio a debater un chisco sobre as redes sociais e a mala praxe e intoxicación informativa a raíz desta nova

Tres ex asesores de Trump son los primeros acusados por la trama rusa (Cadena Ser)

E tamén destoutra que traía Michal Robinson

 Trump, Assange, Bannon, Farage… bound together in an unholy alliance (The Guardian)

O asunto é grave, estréitase a trama arredor de Donald Trump, e aínda que non falei directamente do concepto astroturfing,  si debatemos sobre a repercusión das fake news, de como se volven virais estas novas falsas e dos mestres das campañas de comunicación “programadas”, o “50 cent party“.

Velaquí o audio do día no que charlei con Carles Francino, Michael Robinson e Isaías Lafuente. Comprenderedes que teña o peito enchido de orgullo, verdade? :)