Cando en xaneiro o decano Xose Baamonde me informou da intención duns rapaces que querían argallar unha WordCamp na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra… pensei “que valentes!”.

Pasaron os meses e Juan insistía sobre o tema, ata que finalmente o evento tivo data: 22 e 23 de setembro.

Como parte da comunidade universitaria, é unha marabilla poder contar con este tipo de eventos (xa o dixen no seu día), e como profesor relacionado coa materia en cuestión (WordPress), pois xa nin vos conto. ¿para que? :D

Sen embargo, a calidade do evento foi moi superior á esperada. Non me malinterpretedes, esperaba algo grande, pero non me imaxinaba algo TAN BEN organizado. Ducias de colaboradores perfectamente sincronizados, unha morea de patrocinadores (moi amables, por suposto) e arredor de 200 persoas (entre as que eu me atopaba) dispostos e dispostas a aprender. E a compartir.

IMG 9983 e1537785177618

Compartir, porque diso vai o software libre

O coñecemento que compartiron os relatores é perfectamente axeitado a todos os niveis.

As áreas que se tocaron, accesibles a todos. Claro que había charlas máis técnicas, como a que se centrou nos hooks de WordPress, pero a meirande parte das aportacións estaban dirixidas a todos os públicos.

Especialmente significativas me pareceron as charlas adicadas ao mundo da comunicación e marketing. Tipografía, atención ao cliente, email marketing… un conxunto de disciplinas alonxadas da programación, pero tamén moi importantes.

A este respecto: grazas, Iván Expósito, pola primeira charla dunha WordCamp en galego.

Ao marxe das ponencias, que exercía de nexo de unión ou tema de conversación, foi moi interesante compartir opinións, coñecementos e inquedanzas con outras persoas interesadas no entorno web de WordPress. Síntome especialmente agradecido por ter coñecido en persoa ao meu referente neste mundo, o GRANDÍSIMO Fernándo Tellado (na imaxe superior).

IMG 1975 e1537785135742

Contar con este evento nunha facultade de COMUNICACIÓN é algo moito máis importante do que parece. Contribuímos a rachar con estereotipos: a fenda dixital, o monopolio da área técnica, a unión de marketing, comunicación e tecnoloxía…

E, para rematar cos estereotipos, a presenza de público feminino foi máis elevada do que acostuma a acontecer neste tipo de eventos.

Para repetir, se os organizadores queren, en 2019.

Longa vida a WordPress.

2 respostas

  1. Muchas gracias Xabier por tus palabras. Estoy seguro que tanto profesores como alumnos que hayan estado este finde en la WordCamp van a conseguir que el año que viene tengamos que ampliar el número de entradas a vender :) ¡Y quién sabe si alguno no se anima a dar una charla! E teño que mellorar o meu galego para poder dar a benvida correctamente! ;D

  2. Graciñas pola parte que me toca, Xabier. Pero tamén hai que decir que, por moito que diga que ten que practicar, a proposta de dar a charla en galego foi de Juan. E un servidor que barre para a casiña con gusto… jajaja.

    Agardamos verte polas meetups dos próximos meses. Se pode ser falando cunha presentación, mellor que mellor ;-)