Agora sí, vodafone por fin me regalou o teléfono fixo.
Se es usuario de Internet Contigo Ilimitado. Para iso tes que ir ao distribuidor vodafone que esté máis perto de ti e solicitarlle un número fixo.

250px TelefonicaTelefono80sCNTE8008 G1 thumb1Se tes un teléfono móbil libre ou de vodafone, podes solicitar o número sen permanencia (por se nalgún momento o queres dar de baixa, así non tes penalización) aínda que non levarás o teléfono fixo que che “regalan”.

Esta promoción (a mesma que me rexeitaron no verán) estará activa ata o 31/01/1011 e inclúe:

A cota é de 15€ ao mes, que non chos cobran por ter, precisamente, esa tarifa plana de internet.

E o mellor de todo é que tampouco che cobran o establecemento de chamada (ou iso é o que me dixeron a min na tenda, vamos, pero que o comprobarei coa primeira factura) así que, se vos animades, aí queda a oferta.

Agora so falta que algunha compañía lance de novo o modelo Heraldo (o da foto) coa posibilidade de poñerlle a tarxeta de vodafone… que nostalxia!