A última presentación de Apple, esa compañía que nunca chega a primeira pero reinventa o que xa ofreceron os outros antes, aumentou – se cabe – todo o que se ven falando sobre “a nube”.

Entre algunas das cousas que ofrece este servicio, os usuarios de varios produtos da mazá (iphone, ipads, ipods, portátiles, sobremesas…) poderán sincronizar automáticamente os seus dispositivos: libreta de enderezos, mail, aplicacións, fotos, vídeo… a través dunha especie de disco duro remoto.

Ao mesmo tempo, a nova actualización do seu sistema operativo para móbiles permitirá actualización OTA (Over the Air), isto é, sen pasar pola escravitude do cable e mailo itunes polo itunes.

M2 thumb1Fantástico! Xa temos a nube aquí, e poderemos sincronizar datos e máis datos, e streaming, e actualizacións sen fíos… pero… eses datos tamén contan. Contan como tráfico mensual para a tarifa de datos que tes contratada co teu operador (xeralmente, non máis de 300-500Mb/mes)

Significa iso que o prezo que teremos que pagar pola nube e, o que é máis importante, o desenvolvemento do cloud-computing en terminais móbiles estará directamente relacionado coas conexións que dispoñamos, coa cobertura que che ofreza o teu operador (se non tes 3G, esquécete, amig@).

Os milleiros de usuarios de iphone con movistar, cunha tarifa por defecto de 200Mb/mes (eu son un deles) poderán ver aos dous días… que as sincronizacións son moi lentas, ou inexistentes…

Algunhas empresas, conscientes deste detalle, xa ofrecen a posibilidade de utilizar unha especie de “caché offline” para poder consultar os arquivos off-line (dropbox, por exemplo), pero é un parche a unha limitación imposta polo ISP que frea o desenvolvemento deste tipo de empresas.

Imaxinen que o desenvolvemento da automoción se vira freado pola utilización de camiños empedrados no canto de autovías asfaltadas. Salvando as distancias, o que trato de dicir é que a actividade dun terceiro perxudica seriamente ao sector. Esperemos que as telecos se poñan as pilas, modernicen / amplien as súas infraestruturas para poder dispor cloud-computing completo.
Pero permítanme dubidar sobre o sector no que recariá ese custo engadido: os usuarios :(

Falando de presentacións de Apple, tamén nos ofreceu a maneira de “branquear” a librería musical por 25$ ao ano, que ben merecería un trato aparte, pero non é nin o momento, nin o lugar.

 


Unha resposta