Onte estiven no CSHG para falar cos antigos alumnos sobre ferramentas de monitorización web e social media. Dende aquí agradézolle a Mamen, a Xerente do CAA, a posibilidade desta charla; sempre é estupendo colaborar con Centro e co Club de Antiguos Alumnos

155748_10151871602994097_995984919_nBen é certo que no relatorio  centreime na analítica web propia e pouco na monitorización web da competencia, así que aproveito este espazo para cubrir esa carencia e, de paso, desenferruxar o blog, que leva dende o mes pasado sen actividade.

Ao rematar a charla estivemos a falar un pouco sobre redes sociais a as inquedanzas que algúns dos asistentes tiñan. Entendo, ademais, que ao tratarse do sector hostaleiro – e os momentos difíciles que están a atravesr – non é sinxelo para moitos directores/as de hotel asumir unha carga de traballo extra para monitorizar as súas webs e as da comentencia, así que vou a citar un par de ferramentas moi fáciles de utilizar para todo o mundo:

Para coñecer datos estimativos de visitas podedes utilizar http://es.semrush.com/es/ ten un cadro de mando máis que interesante, amosando datos máis que interesantes sobre palabras clave, histórico de visitas aproximadas nos últimos meses…

Outra ferramenta útil para extraer estatísticas dunha web é http://www.statmyweb.com/ StatMyWeb que nos dá un número aproximado de visitas diarias, amosa o pagerank, estimativa de ingresos, datos relacionados con SEO, velocidade de carga, detalles sobre el hospedaje…

Proba tamén estas dúas ferramentas!

E se o que che interesa é o SEO, por favor, non deixes de utilizar estas ferrametnas http://www.siteopsys.com/