O pasado domingo 24 de xaneiro estrenouse en Ourense a serie Vento Ferido, un proxecto elaborado por alumnos e alumnas de 4º de Comunicación Audiovisual rodado íntegramente en Celanova, baixo a produción executiva de Paulino Pérez Feijóo.

Aproveitando a ocasión e a estrea en Ourense, tamén se lanzou a web http://ventoferido.webs.uvigo.es, que conta cunha unidade didáctica completa para alumnos de bacharelato.

Foi un pracer participar neste proxecto de visibilidade e promoción dun produto que pon en valor a alta cualificación dos estudantes de Comunicación Audiovisual da FCSC, así como a súa implicación con proxectos extra-académicos. Que teñades un gran futuro!Captura de pantalla 2016-01-27 a las 19.01.37

Como ven sendo habitual nos meus últimos desenvolvementos web, é un WordPress cun template adaptado ás necesidades comunicativas do filme en cuestión.