imageO fin de semana do 7-8 de agosto estiven na V Feira dos Viños de Monterrei, gravando un vídeo para o Consello Regulador da D.O. Monterrei. (video que veredes nas próximas semanas colgado na web da D.O. Monterrei e do que vos deixo un avance máis adiante)

O caso é que a experiencia desta feira, e a vinculación que, por motivos profesionais e familiares, estou a ter co mundo do viño lévanme a pensar na idea de gravar uns vídeos sobre as enfermidades que afectan á planta da vide (a ver se son quen de facelo)

Por outra banda, e a pesares de que en dita feira non probei os viños, gustoume moito a idea de promocionar o viño a través de catas e maridaxes gratuítas que tiveron.

E, agora si, a frase mítica de Manquiña, o pregoeiro desta V edición da Feira do Viño de Monterrei (a calidade é baixiña, senón non podía subir o vídeo coma miña cutre-conexión 3G)

V Feira do Viño de Monterrei (avance) de Xabier Rolán en Vimeo.

PD: si, este pos é completamente irrelevante, pero fíxome tanta gracia a frase de Manquiña que era unha escusa coma outra calquera para escribir…