Disque a única regra do tuíter que… non ten regras. No entanto, iso non quere dicir que non haxa algunhas cousas que determinados usuarios chegan a considerar molestas. Hoxe vou a falar dunha costume que non me parece axeitada neste espazo:
Facer follow e unfollow a un mesmo usuario varias veces seguidas nun curto espazo de tempo.
A non ser que sexas unha desas contas que ten un ratio de crecemento de followers moi elevado, é moi probable que coñezas a todos os que siguen (ben sexa polas notificación ou porque chequeas cada pouco tempo o número de seguidores)… así que se un usuario te comeza a seguir e deixa de seguirte… e volve a comezar a seguirte (varias veces) pode chegar a molestar.
Isto sucede sobre todo con contas que non adoitan “conversar” demasiado. A única explicación que lle atopo a este comportamento é facer un “follow” masivo para con aquelas contas que poden parecer público obxectivo… e repetilo ata que os usuarios “devolvan o follow”, cousa que non sempre pasa.
¿Por qué non devolver o follow? Sei que a pregunta de cortesía é por qué devolver ese seguimento… pero este espazo non ha de ser políticamente correcto.
Eis algunhas razóns para non devolver o follow:
- Os temas de interese do timeline do usuario non nos interesan
- É un usuario que utiliza o tuíter de xeito unidireccional
- A linguaxe que utiliza provoca rexeitamento
- Non conversa cos usuarios que segue (incluíndote a tí, que te acaba de seguir… varias veces.
E esta mala praxe sempre hai quen a supera: (esto pasoume a min) un usuario fixo un #FF (práctica que consiste en recomendar, os venres, uns usuarios que ti segues aos usuarios que te seguen a ti) a outro… sen seguilo. Dous venres seguidos. Era un Community Manager “profesional”.
Conclusión: se queredes gañar usuarios, anotade aos que deixades de seguir nunha lista… para non voltar a seguilos.
E para o vindeiro día, unha mala praxe no facebook