O pasado luns 1 de marzo o Diario da Universidade de Vigo facíase eco da investigación que a Dra. Teresa Piñeiro e máis eu, no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-Uvigo, fixemos a finais do 2020. Unha investigación na que recollemos máis de medio millón de tuits emitidos ou que citaban a 50 mulleres representativas da nosa sociedade (22 delas pontevedresas!)
O titular recolle unha das conclusións máis desalentadoras: “Políticas e xornalistas, as mulleres máis insultadas en Twitter”. En realidade, máis que desalentador, o titular é preocupante: política e xornalista é unha profesión de risco, contantemente agredidas no exercicio da súa profesión polo simple feito de ser muller.
A información tivo certo recorrido e apareceu en varios medios de comunicación (que recollo para que non se me esperdiguen as ligazóns), e pon de manifesto a dura realidade. Estamos no ano 2020 e non so non hai igualdade, senón que ese suposto espazo de libertada e infinitas posibilidades que é internet… é un territorio hostil para as mulleres, polo menos no que atinxe as redes sociais (nomeadamente Twitter, que foi onde fixemos o estudo).
“Cuando se insulta a las mujeres se hace a la cara, sabiendo que van a hacer daño” (Faro de Vigo)
Políticas e xornalistas, as mulleres máis insultadas en Twitter (GCiencia)
Políticas y periodistas, las mujeres más insultadas en Twitter según la Uvigo (El Español)
Políticas y periodistas, las mujeres que más insultos reciben en redes sociales (Pontevedra Viva)
Políticas y periodistas, mujeres que más insultos reciben en redes sociales (Público)
Políticas y periodistas, las mujeres que más insultos reciben en redes sociales (Faro de Vigo)
“Políticas e xornalistas, as mulleres máis insultadas en Twitter” (Galicia Digital)
“Sexismo, misoxinia e discurso de odio en Twitter” (Xuventude Xunta de Galicia)
“Políticas y periodistas, las más insultadas en Twitter” (E-Feminista)
A min, persoalmente, o resultado que máis me estremece é o volume de agresións directas (15%). É maior cás agresións indirectas (10%). Párate a pensalo. 15 de cada 100 tuits que son apelacións directas (replies ou mencións á usuaria) conteñen algún tipo de insulto ou trazo sexista. Imaxinas que vas pola rúa e 15 de cada 100 interpelacións que recibes de camiño ao traballo, á compra, de paseo… sexan para insultarte?
Claro que non. Porque na vida real mantés certo “decoro”, pero a rede… a rede é “anónima”, é libre, e nese exercicio de liberdade de expesión, onde é moi importante OPINAR de todo, tamén é preciso faltar ao respecto con insultos, vexacións ou comportamentos sexistas (nótese a retranca, por favor).
Pero todo isto xa o contamos nun episodio do podcast “macromachismos” onde debullamos os resultados do estudo. Velaquí queda de novo por se non o escoitaches ou non sabías nin sequera que existía.
Tamén poderíamos falar da responsabilidade das plataformas, e de como as súas políticas de uso son o suficientemente laxas como para que… ben, este é un tema “menor” (nótese a retranca, por favor).
Cal é o recorrido deste estudo?
A verdade é que nos gustaría continualo, hai unha parte da análise cualitativa que merece máis atención, aló onde os algoritmos e programación son máis difusos, e mesmo crear unha aplicación inspirada do marabilloso odiómetro de Mikel Torres. Pero iso é outro cantar. Igual temos que montar un patreon…
Tamén nos gustaría poder automatizar a análise cualitativa mediante a implementación dalgún tipo de intelixencia artificial que axudara a catalogar os textos (mediante aprendizaxe supervisada), pero é algo que a Teresa e máis a min quédanos algo lonxe. Así que se hai algunha investigadora de “teleco” ou “informática” lendo esto e lle apetece participar…