Segundo informaban esta semana dende Tuenti, a coñecida rede social española utilizará o DNI electrónico para poder verificar a identidade dos clientes de prepago do seu operador móvil virtual (OMV) Tu.

tuentiSegundo contan no seu blogue, non precisa de instalación de drivers (por fin! En mac é un chisco complexo!) e teñen previsto ampliar o proxecto con outras funcionalidades…

O simple feito de imaxinar aplicacións futuras leva a pensar, irremediablemente, na autenticación do usuario da rede social a través do DNI electrónico, feito que, dende logo, tería enormes repercusións positivas:

A principal consecuencia será, dende logo, o aumento da seguridade (cántos pais respirarán tranquilos, a pesares de non saber, moitas veces, os perigos reais das redes sociais, infundados polos medios de comunicación tradicionais)

Sen embargo tamén existen consecuencias negativas que afectarán aos que se adican (nos adicamos) ao Social Media:

A vantaxe de utilizar esta tecnoloxía está, precisamente, nun dos hándicaps de Tuenti, o seu localismo. Como a rede é de Ámbito español, pode aproveitarse do eDNI español. Seguirán este camiño outras plataformas sociais? De momento, non o creo. Trala pobre implementación de proxectos como “openID” e Facebook tentando ser o referente en autenticacións en servizos de terceiros (Facebook connect), non apostaría pola xeralización do DNI electrónico como plataforma de verificación de usuario nas redes sociais.

O que sí teño claro que Tuenti pegou primeiro, e o que dá primeiro dá dúas veces. Esperemos a reacción doutras plataformas.

Fontes: