O meu concello pásase ao .gal
Dende onte, e “coincidindo co día das letras galegas e o día de internet” (vaia casualidade, va que si ;-) o concello de Castrelo do Val ten nova web e pásase ao dominio .gal. A anterior web foi, posiblemente, un dos meus primeiros proxectos “serios”, aló polo ano 2008. Era unha web moi completa, multilingüe, […]
Vento Ferido, a web
O pasado domingo 24 de xaneiro estrenouse en Ourense a serie Vento Ferido, un proxecto elaborado por alumnos e alumnas de 4º de Comunicación Audiovisual rodado íntegramente en Celanova, baixo a produción executiva de Paulino Pérez Feijóo. Aproveitando a ocasión e a estrea en Ourense, tamén se lanzou a web http://ventoferido.webs.uvigo.es, que conta cunha unidade didáctica […]
Ano novo, proxectos novos
Este ano os reis deixáronme un novo proxecto. Ben, en realidade, trátase dun vello proxecto, deses que un axuda a parir. Diso xa fai tempo, foi polo 2013. Volvo a Xente Dixital. Volvo ao blog da Amtega para o fomento da tecnoloxía entre todos os sectores da poboación galega, con especial atención aos menos tecnoloxizados. […]
Website Gimnasia Emocional
Velaquí o primeiro produto en colaboración con Juli Molares nunha “Unión Temporal de Empresas” (con nome determinado e logotipo en camiño) na que Juli aporta o deseño visual e composición e eu aporto a arquitectura da información e o tecido da web en wordpress. Trátase dunha web feita en wordpress, coa información aportada polo cliente, con […]
XGN. Non vos perdades…
… as charlas e a sesión de Startup. Sei que son un pesadiño estes días con este tema, pero podedes atopar información moi interesante neste evento. Especialmente relevantes me parecen os relatorios de Javier Megías, Leopoldo Abadía, Enrique Dans e Rubén Bastón, así que… animádevos a participar! Vémonos dende hoxe no Pazo de Congresos de […]
Sígueme tamén na eira do mac
Agora, se che gusta o mundo mac, tamén tes un novo blogue en galego. Chamase “A mac-eira” e nace arroupado pola rede de blogues de tecnoloxía de “mallando” (corríxanme os autores se me equivoco). De vez en cando desperdigarei algunhas palabras por aí, referentes ao mundo mac, a miña experiencia como usuario do sistema da […]
Xogando co RSS
Lía hai uns días unha nova sobre a morte do RSS (lmento non enlazala, non a atopo agora mesmo) que me deixaba bastante preocupado. Sempre fun usuario dos RSS, sobre todo dos blogues que máis me gustan, e o lector de feeds é un dos programas que máis utilizo tanto no ordenador coma no meu […]
Documental “Un paseo por Castrelo do Val”
Documental sobre o Concello de Castrelo do Val que recolle un paseo polos 16 núcleos de poboación do municipio
Duración: 54 minutos | Idioma: galego | Ano: 2010
Vídeo “Romaría dos Danzantes”
Vídeo que recolle a actuación da Romaría dos Danzantes de Fontefría, unha das últimas danzas brancas ourensás.
· O vídeo foi tomado cunha cámara Sony NX5-E
· A montaxe está realizada en Premiere
Redeseño + actualización web CRDO Monterrei
Redeseño da web do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei.
Redeseño estético e dalgúns contidos estáticos.
Implementación da sección de novas e dunha galería fotográfica.
Web baseada en CMSimple