Podcast

Levo tempo pensando en facer este podcast (un ano acumulando experiencias). Merece a pena traballar cunha tablet? Substitúe o ipad ao ordenador? Que vantaxes ten? E os principais inconvenientes? Que trebellos precisas para acompañar a tablet? Agardo que a miña opinión –baseada na experiencia– vos sexa útil.