Moita xente asómbrase de que “esté traballando con dous ordenadores ao mesmo tempo”. Asómbrame cómo pode haber tanta xente que pense iso, así que aquí vai a sinxela explicación:
O modo “escritorio estendido”
E os pasos son moi sinxelos
- Para MAC (onde me estenderei máis)
a) conectar o monitor ao ordenador
b)Preferencias de sistema > pantallas
Aquí podemos escoller a ubicación da nosa pantalla supletoria (movéndoa arredor da principal) e, se nos fixamos na pequena barra superior da pantalla principal, poderemos movela para determinar cal é o monitor principal.
no meu caso, o monitor principal é un monitor de 22″, e o supletorio é a pantalla do macbook de 13″
Saiban vostedes que, se teñen un iPad, tamén hai opcións para sumar esa pantalla de 10 polgadas como supletoria da pantalla principal.
Ah, e non marcar a casiña de pantallas duplicadas.
- Para WIN
Normalmente, as preferencias da tarxeta gráfica permiten este tipo de opcións. Basta con facer clic co botón secundario no escritorio, ir ao panel de preferencias e buscar a configuración da pantalla (non salvapantallas) para levar adiante esta configuración.
Senón, podedes probar co panel de control. A vosa tarxeta gráfica terá algún apartado para poder cambiar as opcións de visualización.
Dependendo do tipo de traballo que fagas existe unha posibilidade adicional que é a de rotar un dos monitores 90º para poder ter unha visualización vertical dos documentos, moito máis natural. Pero depende do tipo de monitor que teñas e que sexa fácil colocalo nesa posición.
No meu caso traballar co monitor en vertical supón ver os documentos sen ter que desplazalos.
Tes toda a razón, Dorfun!
Esa posición co monitor xirado 90º disque tamén é moi boa para programadores e xente que “pica código” en xeral.
Sobre o tipo de monitor, supoño que te refires aos monitores panorámicos actuais, xa que os que había hai 8-10 anos case eran tan altos coma anchos ;)