Máis alá das normas que Facebook poida impoñer aos usuarios (invítovos a que buceedes un pouco pola sección de axuda https://www.facebook.com/help )  o verdadeiramente importante é a nosa comunidade. No meu caso, cento e poucos contactos cos que manteño unha relación máis cercana e nos que evito – e cóidome moito neste aspecto – facerme “amigo” dunha empresa. Para comezar en facebook a única opción que tes é crear un perfil, a partir do cal se abre un abano de posibilidades… pero cun perfil inicial…

Ese é o principal motivo polo que moitas empresas teñen presenza en Facebook en forma de perfil. ERRO.

Podería escribir un artigo enumerando os erros, pero considero máis axeitado pasar ás solucións. ¿Qué podo facer se son unha empresa e quero ter unha páxina?

    1. Migrar a nosa páxina coa axuda de facebook Facebook (non haberá máis dun ano) deuse conta desta necesidade e facilitou unha ferramenta de migración de datos de perfil a páxina. Está dispoñible en https://www.facebook.com/pages/create.php?migrate e é un proceso totalmente guiado, pero NON reversible. Coida moito o nome da túa páxina, por exemplo, porque non poderás cambiar de novo. Esta ferramenta converte os teus amigos a fans, nun proceso que pode ser máis ou menos opaco, pero que funciona… salvo que perderíamos todos os contidos que tivésemos publicado no noso timeline (algo grave, ao meu entender) Ás veces atoparémonos con que certos usuarios deixan de ver as túas publicacións. Soluciónase facendo un “xa non me gusta” e un novo “me gusta”
    2. Crear unha páxina e invitar aos usuarios Unha opción máis “caseira” pero que ofrece máis control para o usuario é crear unha páxina a través de facebook (podedes facelo aquí https://www.facebook.com/pages/create.php) da que sexades administradores. Nesa nova páxina publicaríades os contidos novos e, a través do perfil que a administra, invitaríades aos vosos amigos a esa páxina. Dende logo, a taxa de conversión “amigo-fan” será moitísimo menor, pero a fidelización será máis alta. Dende logo, esta opción é moito máis laboriosa

Ámbalas dúas opcións teñen os seus pros e contras… todo depende do tempo que teñamos, do noso número de fans e da interacción que teñamos con eles. Dende logo, o que sí é necesario é que, se es unha empresa, teñas unha páxina,e non un perfil.

Qué fórmula preferides? Coñecedes outras fórmulas para solucionar este problema? Axudádeme a completar o artigo!