Leo en El País un interesante artigo sobre unha futurible “era escura dixital” na que unha gande cantidade da información xerada será inaccesible para as futuras xeracións.
Certamente, o deterioro dos datos é un problema. Ningún dos soportes físicos que empregamos ten unha duración óptima para deixar o noso legado. Disque os discos compactos teñen unha duración duns 15 anos (aínda que eu conservo música da miña adolescencia nese formato e non teñen ningún problema) e a duración dos discos duros móbiles – en funcionamento – é moitísimo menor. Sen entrar a valorar a duración de cada soporte, simplemente un apunte: a duración é menor á dun libro de papel (conservado nas mesmas condicións). Sen embargo, a durabilidade do soporte, contra o que poida parecer, non é o peor dos males.
A obsolescencia tecnolóxica é, se cabe, máis mala. Vivimos nun entorno de actualizacións tan fugaz que a maior parte dos datos que gardamos neses soportes dixitais serán inacesibles… porque non teremos lector deses soportes dixitais. De feito, algúns dos que ledes este blog nin sequera utilizastes disquetes (e, no entanto, é a icona universal que simboliza o gardado de dados).
Sen embargo, o que me preocupa do artigo non é o aspecto crítico do gardado de datos, senón un sesgo dixital preocupante: a suposta necesidade de ter que gardar todos os datos.
En serio? É preciso gardar cada un dos daos que temos no ordenador?
Vivimos unha época de cuantificación constante, onde o “periodismo de datos” se alza como o futuro do sector, onde o prezo das memorias convida a empregar sen mesura os datos e non seleccionar nin a música nin as fotografías (por exemplo) que queremos conservar…
O problema real, na miña opinión, está baseado en dous elementos: non seleccionar que é o que queremos gardar (que sinxelo era coas cámaras analóxicas, onde cada disparo era medido con extrema cautela) e, sobre todo, alimentar un síndrome de Diógenes dixital.
Acabamos por gardar calqeura tipo de información cun falso “por se acaso” que, na maior parte das veces, nin sequera chegaremos a avaliar (e moito menos empregar). E o que non faga o propio co seu disco duro local, que deixe o primeiro comentario…
Uno de los males del siglo XXI. Unha aperta, Dr Rolán y felicidades, q el Google Calendar para esto no falla :)