Que actividade tiveron os partidos políticos galegos no Twitter na Campaña electoral?

twitter elecciones

Con este pequeno post quero facer unha pequena homenaxe á actividade dos partidos políticos en Twitter durante a celebración da campaña electoral (8 – 24 de maio) das eleccións municipais 2015. Esta (moi) pequena análise é únicamente cuantitativa, e non ten absolutamente ningún obxectivo senón amosar canta foi a actividade dos partidos políticos no Tuíter durante […]

Social Media, hora de relativizar

240 F 36315578 8u92WplsgEDJkD9XpAnmg63KlFpDmYgk

Levo uns días obsesionado con esta cita que lin nun libro que, por certo, se está a converter nunha referencia: Conectados. El sorprendente poder de las redes sociales y cómo afectan nuestras vidas. O libro fai un excelente repaso polos estudos de redes sociais – previos ás plataformas de xestión de redes sociais que coñecemos […]

As redes sociais reventaron o número de Dunbar. Ou non

DunbarsNumber

O número de Dunbar (150) fai referencia á cantidade de individuos que poden desenvolverse plenamente nunha comunidade. Foi acuñado polo antropólogo Robin Dunbar, e segundo o británico, estaba relacionado co tamaño do neocortex cerebral. En 1992 propuxo este número para grupos observables de humanos, e que parecía asemellarse ao número estimado dun asentamento da era neolítica, […]

“Tibi quoque, twitter mi?”

Ano 2014 (máis ben preto do 2015). Xa pasaron 7 anos dende a aparición de tuíter, e, contra o que poida parecer, seguimos metendo o zoco de maneira profunda por tratar, moitas veces, de arreglar desaguisados que pouco teñen que arreglar. Outras veces a boa vontade vese empañada por unha máis ou menos evidente confusión. […]

Sube o teu klout nunha semana

Captura de pantalla 2014 06 12 20.02.2511

Si, así, como o oes. Sube o teu índice Klout nunha semana. Varios puntos de subida garantidos! Cómo? Moi sinxelo. CASANDO O día 15 de maio foi o día no que fixen “público” o meu cambio de estado, e o 17, o día propio do casamento. Como vedes na gráfica, non hai mellor forma de […]

“Non todo o que se pode medir, serve”. Indicadores Vanidosos en Redes Sociais

Esta semana tiven ocasión de impartir unha masterclass na #FCSC sobre ferramentas para a medición da eficacia publicitaria (moi agradecido ao Departamento X14 – Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo que me convidou) que centrei, sobre todo nos links e no entorno social media. Ao marxe das ferramentas, que sempre poden ser mellores […]

Ferramentas para Twitter

Hoxe volvo a falar de ferramentas de tuíter porque… ter un blog sobre redes sociais… e non falar de redes sociais… pois tampouco é unha boa carta de presentación, non credes? Aquí van unhas poucas ferramentas que debedes probar coas vosas contas de tuíter http://blockedby.me/ Nunca bloqueaches a ninguén? Entón é que pouco tempo pasas […]

Algunhas métricas que me gustan de tuíter

Como xa fai tempo que non escribo sobre redes sociais, e non estaría demais facelo, xa que é parte substancial deste blog, aquí vai un pequeno post sobre métricas en tuíter. Por sorte, cada vez hai máis concienciación sobre a medición en medios sociais, e, cada vez máis, fixámonos en valores cualitativos máis ca en […]

Hábitos de compra on line. Tenden cara o aspecto social e a personalización?

Esta semana lía en varios blogs sobre este tema (por exemplo, aquí). Estudos afirman que a personalización dos entornos de venda 2.0 se consolidarán en 2013. Sempre fuxín deste tipo de afirmacións tan categóricas, faltas – nas máis das veces – dun rigor que brilla pola súa ausencia neste tipo de discursos. Sen embargo, sobre […]

Trazos de especialización no Social Media

Unha das cousas máis escoitadas no mundo do social media é que… é unha burbulla. O recente auxe do medios sociais, froito do imparable avance do mundo web e a intanxible e sempre presente necesidade comunicativa humana foron quen de formar unha nova profesión, a cabalo entre o mundo da comunicación, as relacións públicas e […]