Finalmente, e despois de 4 anos, mudei de teléfono e sistema operativo. O meu iPhone (que posiblemente pasou a mellores mans) xa non era o que viña sendo en tempos. As 3,5 polgadas de pantalla quedábanseme un chisco curtas, e tiven unha boa ocasión para cambiar de teléfono, polo que me lancei ao mundo android.
O escollido foi o que vedes na imaxe, un Xperia ZL, curmán do buque insignia de Sony (mesmas características excepto polo da resistencia ao po e á auga que tanto lle gustan a algúns).
A migración a android, para os que usamos mac no móbil e no escritorio, non é tan sinxela como parece.
Aínda que Sony desenvolveu unha aplicación para mudar os datos de iphone a android (que falla coma unha escopeta de feira, pero a poder de probar, acaba sincronizando) non acabo de mudar todos os datos coa claridade coa que eu contaba.
O universo iOs é máis limitado, pero estéticamente máis bonito, fluído e intuitivo. Aínda que supoño que este comentario non é o máis imparcial, coido.
Encántame do teléfono:
- A súa pantalla: máis nitida, grande
- A cámara. Segue a ser un móbil, pero a definición é espectacular. Tanto a cámara traseira como a dianteira (situada na parte de abaixo do terminal, e encántame) son estupendas.
- O led de notificacións. Algo que levaba anos pedíndolle a iphone. Por fin. E está moi, moi logrado (tedes que velo, en fotos non é tan bonito como parece)
- O sistema musical de sony. Importa as carátulas dos álbumes, o son é nítido… mellora con moito a iOs, e iso que aínda non sei como sincronizalo con itunes (programa ao que NON boto para nada de menos)
- O NFC. Teño un altofalante pequeniño que se conecta a el con so tocalo. É incrible!!!
Coido que é mellorable noutros aspectos
- Ten a batería máis potente do mercado ( 2.370 mAh) e so fai un día de uso intensivo, a pesares do xenial sistema stamina de Sony.
- O rendemento do teléfono. 4 núcleos, si, pero na fluidez non é tan bo coma un galaxy S2 (o último do que tiven referencia de uso). A actualización a 4.2.2 ralentiza o teléfono, se o sei quedo coa 4.1.2
- O altafalante interno. O de iphone é moito mellor. Con diferenza.
- A aplicación de contactos e teléfono. Vaia, podía amosar (somo Samsung) se os contactos teñen whatsapp, linkedin, tuíter… creo que coxea moito a aplicación de sony para a xestión de contactos)
Non sei o que durarei como androide, pero de momento (despois dunha semana), e pese a todo, non me arrepinto do cambio.
A min a aplicación de axenda que máis me gusta é a nativa Android, a que vén de serie na gama Nexus ou noutros terminais con “pure Android”. Creo que, en xeral, ningunha capa de fabricante trata ben a aplicación de contactos.
Malia todo, na Play Store hai centos de aplicacións de axenda, polo que eu che recomendo o típico nestes casos: probar. Instalar apps, ver se che gustan, se si quedar con ela e se non borrar :)
Iago, xa teño app gañadora para a axenda: contacts+
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.contapps.android&hl=es
Recoméndasme algún xestor de tarefas abertas (que non mate procesos do sistema innecesariamente)?
O certo é que Contacts+ é unha das miñas alternativas favoritas, así que boa escolla :D
Non che sabería dicir de xestores de tarefas, porque eu persoalmente non uso esas ferramentas como tal, pero as típicas son Any.do e Remember the Milk. Creo que ambas tiñan tamén versión en iOS, non?