Spotify. Cando a agulla perdeu o norte

Había tempo que me apetecía escribir sobre Spotify. Non o fixen antes porque perdín interese nel. De ser un programa indispensable, pasou ao máis escuro ostracismo na miña carpeta de aplicacións… e creo que lles pasou o mesmo a moitos usuarios.

Spotify é ese programa que, para os amantes da música, é insdispensable alomenos probar con calma.

A pesares das súas sonadas ausencias (The Beatles, sen ir máis lonxe), a facilidade de uso, o software específico para cada plataforma (que me perdoen los linuxeiros, que debían utilizar vine), así como a súa compartibilidade en redes sociais favoreceu a súa rápida expansión.

Non obstante; música gratis… ás discográficas non lles chistou o conto. Exprimen a máis non poder este tipo de servizos, obrigando a unha monetización máis agresiva do habitual. Se xa os anuncios chegaban a ser un pouco pesados, a súa campaña polo “premium” (onde aspiraban a conseguir un 10% de usuarios de pago para que a empresa fose rendible) foi demasiado agresiva.

A política de prezos non axudou. O prezo de servizo era os mesmos para España que para Finlandia (entre outros), cando o poder adquisitivo non é o mesmo, e 10€ mensuais foron unha cifra que psicolósicamente non sentou nada ben.

A campaña a prol do premium foi bastante positiva, con invitacións de proba gratuíta (7 días, un mes…) para que descubrísemos as vantaxes de non ter publicidade e poder ter a música no móbil. Era unha idea estupenda, coa que todos soñabamos, pero que se viu mermada pola dependencia da nube en torno aos operadores de telefonía e as súas patéticas limitacións de megas.

spotifail2Pero na súa procura da rentabilidade foron máis alá. Intentaron impoñer o premium cortando as ás da versión free. O límite horario de reproducción mensual fixouse en 10 horas e so se permitiron 5 reproduccións por canción. Sobre todo esto último, foi a debacle (aló por maio de 2011), polo que non tardaron en saír alternativas (xa existentes) que se popularizaron entre o público.

De entre elas, e habendo incluso produtos españois, eu quédome con Grooveshark. Deseñada en html5 e cun algoritmo de recomendación de cancións realmente potente (supoño que o uso de “likes” por parte dos usuarios permitiu afinar ese algoritmo) conquistoume como usuario. A migración dende spotify é sinxela con ferramentas de conversión de listas como groovylists.

Ademais, e dende hai moitos meses, é accesible dende móbiles a través da súa versión web, podendo escoitar os seus temas dende dispositivos portátiles. Eu descubrín esto estando cuns amigos en Italia.

Agora Spotify disque está a barallar a posibilidade de chegar gratis aos móbiles…. e eu pregúntome se o tren chegará tarde, porque dende hai meses, en Spotify alguén perdeu a agulla que sinala o norte…

 

BONUS TRACK – Por certo, podedes probar a versión web de Spotify a través desta ligazón (vía Genbeta)

1 comentario en “Spotify. Cando a agulla perdeu o norte”

  1. Vou discrepar.
    Comparto a opinión de que en Spotify perderon o norte, mais non polas ausencias musicais (que, aínda que importantes, non son demasiadas), nin tampouco polo prezo (desde 10€ por esa cantidade de música paréceme un choio espectacular). Nin sequera vexo criticables as limitacións á versión Free, pois Spotify é unha empresa que busca a rendibilidade e traballa cunha materia prima –a música– que non é precisamente barata de producir. É máis, servizos coma Rdio ou Deezer non ofrecían, ata hai pouco, ningún tipo de modelo gratuito, polo que entendo normal que enfoquen a versión Free como unha versión moi limitada, case de proba.
    Eu criticaríalle a Spotify outras moitas cousas, sobre todo a limitadísima capacidade de organización da túa música. Apenas se poden crear listas de reprodución, cousa que é máis que insuficiente. Spotify paréceme un sitio ideal para chegar, perderse na súa música sen saber moi ben por onde comezar (coincido co autor no necesario dun algoritmo de recomendacións) nin por onde seguir, sen poder catalogala e sen poder organizala, cousa que si que se pode facer en Rdio, por exemplo.
    Lamentándoo, eu seguirei en iTunes, cando menos ata que apareza a nova versión de Spotify (que estaba prevista para comezos deste 2013). Aínda que despois de ler isto volverei darlle unha oportunidade (unha máis) a Grooveshark, a ver que tal evoluciona 🙂

Os comentarios están pechados.