Recentemente formei parte da organización dun evento relativamente novo para min, e que de seguro moitos dos lectores deste caixón de-sastre coñeceredes.

O que vos quería contar é como se pode dinamizar este tipo de eventos a través das redes sociais, para o que vou a diferenzar 3 fases concretas que máis ou menos se repiten en todos.

imaxe de http://www.creativeagentsolutions.com
imagen de http://www.creativeagentsolutions.com

 

Aínda que non me gusta categorizar (todos temos algo de hipster) si vou a apuntar o que sucede en diferentes momentos temporais.

É o momento clave: espallar a información. No meu caso, un exemplo habitual no tempo (moitas edicións que se celebran nas mesmas datas do ano), a incertidume sobre a súa celebración (que non foi oficial ata un par de meses antes) marcou os comentarios no maremagnum das redes sociais.

Tan importante coma escoller o momento puntual para difundir a información (para iso hai ferrramentas que axudan a saber cal é o momento no que es máis “lexible” como Tweriod) é non dubidar en repetir esa información: ata 4 veces ao día (cada 6 horas) durante as primeiras 48h e recordos diarios os seguintes días… isto faise porque non todo o mundo se conecta á mesma hora, e é moi fácil que a info se desperdigue nos “timeline” dos teus usuarios.

Dosificar a información: hai xente que prefire dar toda a información dunha patada. Eu prefiro dosificala. Podes ir contando pouco a pouco os actos que haberá, confirmación de novas e actividades… para ir creando “ambientillo”.

En twitter, un hashtag cortiño, fácil de lembrar e que esté SEMPRE presente nas vosas publicacións relacionadas é fundamental.

Unha boa idea é recoller todas esas publicacións nun punto de fácil acceso, para non ter que responder unha e outra vez ás mesmas cousas.

Buscar usuarios clave, coñecidos como “estornudadores” no mundo do marketing, “fans” para que fagan o que significa realmente esa palabra: espallar a túa voz entre os seus contactos, coma ventiladores. Esa é a clave da tan teimada “viralización de contidos” que tan en boca de todos está.

Ah, e cando atopes a estes usuarios, mí-ma-os. É importante.

 

A medida que se acerque o evento no tempo, a túa presencia tamén se irá incrementando, non tanto para dar información, senón para servila a petición do usuario… por iso os días previos son un paso intermedio para a seguinte fase: atención ao cliente, onde poderemos facer:

– Un reforzo da información
– Resolución de dúbidas
– Preguntas sobre o evento

O clásico servizo de atención ao cliente, pero dende o lado do social media. Porque, non o esquezades, as redes sociais son unha canle de comunicación máis.

 

Creaches o hashtag para twitter? Usas as estatísticas de facebook?

Entón tes o traballo case feito.

A monitorización hai que ila facendo ao tempo que as primeiras fases, para poder acabar centrándote nunha análise clara e un informe clarificador.

Estas 14 ferramentas podes axudarche. Iso si, non esperedes moitas gratuítas.

 

E como colofón final, na XGN (ups, escapóuseme! :) houbo picos de 6 tuits por minuto. Aínda así, e grazas ao algoritmo de xestión dos trending topics, #xgn non chegou a ser un deles a nivel nacional.