No que levamos de 2020 xa tivemos crise pola lenta vacinación da covid (e terceira ola en marcha, ai, se Alvin Toffler levantara a cabeza!), a borrasca Filomena facendo o que sabe facer – o INVERNO – e unha manifestación non pacífica na que se portaban armas en Venezuela Estados Unidos. É precisamente este último punto sobre o que quería opinar, que para iso isto é un blog.

É preciso sinalar a un culpable, pero aquí non hai dúbidas: un presidente que estivo 66 días sen recoñecer a derrota electoral, que anunciou que se negaría a asistir á toma de posesión do candidato gañador, que insistiiu (insiste) nunha tese de fraude electoral sen ter nin unha soa proba e onde foron rexeitadas todas as acusacións. Un individuo ben aconsellado por mestres das artes escuras da comunicacación. Un tipo que sabe sacar tallada da comunicación de masas que ofrecen as novas plataformas dixitais, e non precisamente por una estratexia de marketing de contidos ou a creatividade dos mesmos.

Un presidente que incita ao odio, e que animou aos seus seguidores a executar este asalto. E sobre o que pesan – neste caso – ata catro mortes.

Fronte a isto, a estratexia dalguns medios de comunicación tradicionais, que insisten en culpar aos seus directos competidores: as redes sociais.

É certo que estas plataformas – que poden ser considerados como medios de comunicación, tampouco o están poñendo difícil: Twitter ameazou con suspender a conta de Trump a partires da toma de posesión de Biden, o vindeiro Presidente dos EUA, xa bloqueou a conta de Twitter e Facebook xa conxelou as contas de Instagram e Facebook do presidente actual.

Ámbalas dúas decisións teñen certo calado, e comprendo a súa polémica, pero teñen pouco recorrido de tinta, por máis que os medios queiran acicalar e revolver sobre o mesmo vaso. Son empresas privadas onde os datos son deles. Ollo, esto non é un cambio na política de privacidade, sempre estivo aí.

facebook advertising audience infographic 768x6400 1
Imaxe 1.- Algúns datos sobre a segmentación de anuncios de Facebook. Fonte: Social Ads Tool

Sempre utilizamos Facebook e Twitter sabendo que os datos que verquemos, aínda formando a nosa pegada dixital, formaban parte da súa base de datos. SÚA. Un dos argumentos favoritos dos medios tradicionais é atacar a estas plataformas preguntando “quen son para silenciar a voz de quen sexa”.

En primeiro lugar, son empresas privadas, non son nin ONGs, nin servizos públicos. Non son medios de comunicación públicos, nin, en termos económicos, compiten pola mesma “tarta publicitaria”.

En segundo lugar, volve ao parágrafo anterior.

Non escoitei as mesmas críticas cando a CNN e outros medios cortaron a intervención en directo do Presidente coas súas mentiras sobre o fraude electoral.

No que si coincido e nas voces que sinalan a demora en tomar medidas por parte das redes. Foron parte do problema mentres tiveron políticas non restritivas durante tanto tempo. Quen sabe, igual agora Trump xa non é un activo valioso e por iso non interesa. Pero durante catro anos xerou máis interese a súa conta de Twitter cás súas aparicións en prensa.

Un problema tan grave como a infodemia que padecemos actualmente é a polarización e peligroso aumento do discurso do odio nas plataformas dixitais. Semella que os trolls están a facerse co control da Internet.

Por certo (1), é bastante feo ver a algúns medios pagando ads en Facebook para xustificar e facer medrar a súa audiencia dixital. Hai un debate na mesa sobre a medición de audiencias, pero lanzar a pedra cunha man e acariciar coa outra é algo que so vin facer neste ámbito.

Por certo (2), tampouco hai que darlle tanta bola aos cambios na política de privacidade de WhatsApp, xa que a nós (europeos) non nos afecta. Nesta configuración mundial do internet por bloques, Europa vai lenta (ai, as democracias!), pero vai segura. Ou iso quero crer.

Unha resposta

  1. “Non escoitei as mesmas críticas cando a CNN e outros medios cortaron a intervención en directo do Presidente coas súas mentiras sobre o fraude electoral”

    Supoño que falas a nivel español, en USA houbo críticas polo corte, non só por pór en risco a liberdade de expresión senon por converter aos propios medios en noticia, sen esquecer que aínda que os xornalistas teñen un código deontolóxico estaba a acontecer unha noticia: que o presidente volvía mentir. Isto dalle azos a Fox e outros “media” para victimizar ás voces discrepantes axitando os lugares comúns de 1984, o comunismo and so on…

    Con respecto a España creo que os medios pecharon filas e foron máis acríticos. Nada inesperado, todos son moi valentes ate que toca criticar a monarquía, o IBEX35, etc. Aínda que tampouco compro o discurso dos políticamente incorretos dun e doutro bando.

    Trump é velenoso pero ao mesmo tempo deixa ao descoberto os aramios da nosa sociedade, moi enchoupada do narcótico das verdades irrefutábeis. Esas que cando van contra dos teus, fan que te escandalices do linchamento e cando van en contra dos outros, collas un facho e vaias pegarlle lume á sociedade!

    A estas alturas o millor semella desconfiar de todos. Hai dúas campañas en marcha: a de demostrar que Trump é violento e a de demostrar que é a víctima. Nada novo e que non pasara antes. “Nos imponen el gallego” vs “O galego está desaparecendo”, “El prucés fue un golpe de Estado” vs “Spain is a fascist state”, “Los Menas son jóvenes desprotegidos” vs “Los moros vienen a invadirnos”… por poñer algún exemplo.

    Creo que a verdade está no punto medio. Trump é un narcisista que perdeu o control do que fai e bastantes dos seus seguidores son xente que non teñen moito que perder e só queren queimar aquilo que non entenden, porque lles perxudica. E os medios non saben cómo combater o becho que crearon e deixaron crecer, desde o que o sentou nun talent show ate o que lle cortou en directo unha comparecencia.

    O que pase de agora en diante é terrorífico e ao tempo interesante.

    Bueno, penso que aquí falas de Internet e tal ? Os gobernos rematarán por lexislar para poñer orden na internet. Por desgraza creo que máis na liña de cada estado que faga o que considere máis que na de crear unha especie de carta magna válida para a meirande parte dos países. As tecnolóxicas son compañías que deixaron de ser tecnolóxicas para ser bancos, xornais, escolas, farmacias, … O mundo virtual non era a interface de Second Life, e a nosa First Life, a nosa common life e precisa dunha lexislación máis estricta non para o que se pode facer senon para o que non se debe facer. O debate será se iso implica a liberdade de expresión e até qué punto.

    E xa calo que fai anos que non escribo nada con máis de 150 caracteres. ?

    Apertas Xabier!