Cuan alegremente subimos as nosas fotografías a facebok… e nos esquecemos de sinalar o grao de privacidade das mesmas.
Así, navegando entre perfís, e fotografías de perfís que son visibles a todo o mundo, podes atoparte con situacións moi curiosas, como… PODER DESCARGAR AS IMAXES DENDE FACEBOOK
(podes premer na imaxe para vela máis grande)
Sei que moitos diredes que cunha captura de pantalla se pode facer o mesmo, pero… é que facebook xa che ofrece a posibilidade de descargar a fotografía a un so clic!
Penso que, por defecto, as fotos non deberían poder ser descargadas por terceiros… que NON figuran entre as nosas amizades en facebook, non credes?
Lembrade repasar, cando menos unha vez cada dous meses, a configuración da vosa seguridade (conta > configuración de privacidade) xa que facebook ten moita costume de alterar as configuracións cada vez que engade algo novo… non é a primeira vez que o fai…
Podedes visualizar o voso perfil público dende outro navegador no que non iniciásedes sesión en facebook e comprobar qué está ás vistas e qué non o está.